Burela, 4 de xuño de 2013. O Concello de Burela vai formar nos próximos meses a 60 persoas que actualmente se atopan na situación de desemprego. Os catro cursos vanse impartir no Centro de Formación Ocupacional e estarán subvencionados ao cen por cen pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e de Benestar Social.
O alcalde, José Mª González Barcia, sinalou que “en concreto vanse impartir catro cursos: un deles de auxiliar de enfermería en xeriatría cun total de 318 horas destinado a 15 alumnos; un segundo de atención especializada para enfermos de alzheimer cun total de 268 horas destinado tamén a 15 alumnos; un máis será de pintor, que vai ter unha duración de 678 horas, destinado tamén a outros 15 alumnos; e tamén para 15 alumnos e cunha duración de 818 horas haberá un curso de animador turístico”.
O rexedor explicou que “o total do investimento, incluídos os gastos do persoal docente, é dicir das persoas que van impartir os cursos, xunto coas becas que van cobrar os alumnos desempregados que asistan, ascende a 254.238,89 euros, que están aportados integramente, ao cen por cen, pola Xunta de Galicia”.
Para González Barcia “deste xeito creo que queda, unha vez máis, realzado o compromiso que ten o Concello de Burela de apostar polas actividades de formación cara aos desempregados para facilitarlles a estes a súa inserción laboral. Convén recordar que o ano pasado tamén impartimos 4 cursos para outros 60 alumnos. O investimento fora menor, duns 175.000 euros. E este ano, en concreto remata dentro duns días, se está celebrando un obradoiro de seis meses de duración destinado a 15 desempregados para formar persoas que atendan a enfermos de alzheimer”.
O Concello de Burela está a apostar “por unha formación especializada, as persoas que acudan a estes cursos van ter unha titulación homologada e ao mesmo tempo van obter o certificado de profesionalidade”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



