Burela, 11 de xuño de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, recolleu en Madrid a bandeira verde coma municipio responsable que recibiu Burela. Neste 2013 cúmprese o 15º aniversario da consecución por primeira vez deste galardón.
O rexedor contou que “acabamos de recoller a bandeira verde que a Federación de Usuarios y Consumidores Independientes de España outorga aos concellos que se preocupan e que fan aposta decidida en materia medioambiental. O acto estivo presidido pola ministra de Sanidad, Ana Mato, e polo ministro de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete”.
“Para o Concello de Burela isto é unha enorme satisfacción porque se ve que a liña que comezamos aló polo ano 1996 en materia medioambiental e que foi continuada polos distintos equipos de goberno ata o presente, tamén incluído, é unha liña correcta e axeitada”, dixo González Barcia.
O alcalde burelés agradece “publicamente a tódolos cidadáns, como non podía ser doutra maneira, o seu esforzo e colaboración fundamental para que Burela acade un ano máis, e xa van 15 seguidos porque empezamos no 1998 e cúmprese o 15º aniversario da consecución da primeira bandeira verde para o noso Concello. Eu teño que estarlle enormemente agradecido aos veciños e ás veciñas pola súa colaboración cidadá en materia medioambiental. Teño que recoñecerlle o traballo aos empregados do Concello, especialmente a aqueles que están vinculados coa Área de Medio Ambiente, e teño que recoñecerlle tamén o esforzo que está facendo a concelleira delegada, Patricia López Eijo, que hoxe por cuestións persoais non puido vir a Madrid”.
José Mª González Barcia engadiu que “para nosoutros é unha enorme satisfacción pero tamén é un reto, que nos anima a seguir traballando. No mundo do medio ambiente hai moitas cousas por facer e na situación actual de crise que estamos a vivir evidentemente é máis complicado aínda iniciar novas actuacións porque calquera iniciativa que se emprenda costa cartos. Pero hai unha actuación que todos, absolutamente todos, veciñas e veciños podemos levar a cabo: é reciclar o lixo de forma axeitada, depositar en cada colector o que é propio de cada un deles e non mesturar residuos, usar as papeleiras; en definitiva, aplicar aquel dito que di que non é máis limpo quen máis limpa senón que o é quen menos ensucia. Polo tanto, eu animo a todas as veciñas e veciños a seguir traballando nesta liña, porque estou completamente convencido de que se seguimos así Burela continuará nos primeiros postos en materia medioambiental”.
O rexedor lembrou que “a esta bandeira verde temos que sumarlle as bandeiras azuis conseguidas para as praias da A Marosa e de Portelo e a renovación dos galardóns bandeira azul tanto para o barco museo Reina do Carme como para a aula de educación ambiental Gaia. Estes cinco galardóns, xunto con esa distinción temática en materia de educación e información ambiental que nos ten concedido Adeac, en total seis galardóns, significan o reflexo dun traballo continuado desde hai moitos anos e tamén significan o compromiso de que temos que seguir mantendo coas políticas medio ambientais que estamos levando a cabo”.
González Barcia cre que “é bo que sigamos traballando cóbado con cóbado e que apliquemos todos e todas ese refrán que dixen antes: non é máis limpo quen máis limpa senón quen menos ensucia”.
Arias Cañete
No acto de entrega das bandeiras verdes hoxe en Madrid o alcalde, José Mª González Barcia, tivo a oportunidade de facer un aparte co ministro de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, para falar sobre a situación que está a pasar a pesca: “en concreto eu evidentemente o que lle transmitín é o desexo dos armadores e dos mariñeiros, do sector pesqueiro do noso concello, de seguir traballando, porque eles o que queren é pescar, que ninguén mellor ca eles saben como se poden preservar os recursos. En definitiva, queren seguir mantendo a súa actividade empresarial e profesional”.
O alcalde de Burela dixo que “o ministro coñece este tema moi a fondo, el é un fondo coñecedor dos problemas polos que está pasando o sector pesqueiro e estou plenamente convencido, e así mo fixo saber, de que se está poñendo toda a carne no asador para intentar buscar as mellores condicións posibles dentro do marco da Unión Europea para os nosos mariñeiros e armadores. Evidentemente temos que achegarlle propostas ao ministro e temos que estar co goberno central nesta, por así dicilo, pelexa en boa lide que temos dentro da Unión Europea para que se escoiten os nosos criterios. Eu espero e confío que o ministro sexa capaz de pouco a pouco ilo conseguindo”.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



