RIBADEO (FNC) .-Un xurado composto por profesionais da hostalería con ampla experiencia estiveron a percorrer durante a semana os 31 establecementos que participan na cuarta edición de Ribadeo de tapeo. Lara López Leytón-Rubal, Miguel Ángel Sánchez Méndez, Carmen López Leytón-Rubal e Guillermo Vázquez Pérez degustaron as 49 tapas que se presentan a concurso e escolleron ás 12 finalistas que son:
* Ovos rotos con bacallau, da Cervecería- Raxería Pizzbur.
* Polbo á feira ao noso xeito, A Dorada do Cantábrico.
* Xabarín estufado con cogumelos e puré de castañas, La Solana.
* Espeto de boi con vexetais e mazá asada, Casa do Pepe.
* Fabas de Lourenzá con polvo de rocha e gambas, La Lira.
* Gratinado de alcachofas e zamburiñas con queixo de San Simón, Parador de Turismo.
* Cogumelos á crema sobre tosta de follado, O Alén.
* Luras pequenas recheas de marisco con risotto de cogumelos, Bar Galicia.
* Espeto de polbo con salsa tártara, Pulpería Serra.
* Petiscos de alcachofa e gamba, Café-Bar Nevada.
* Pincho de pavo crocante con crema de cocido e sésamo, El Tranvía.
* Tosta de ovo, pataca e chourizo, El Cantón.
Durante esta fin de semana outro xurado no que figuran entre outros: Roberto Walther, xefe de cociña do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Ana Martínez Arruña, profesora do IES Valle de Aller, e Manuel Balseiro Pardo, xerente do Restaurante Nito de Viveiro, serán os encargados de fallar os premios nas diferentes categorías entre as tapas que pasaron a final. Elexirán a mellor tapa do ano, a mellor tapa creativa e a mellor tapa tradicional. Á categoría correspondente á mellor barra poderán optar todos os establecementos ainda que non sexan finalistas.
Os clientes que teñen visitada 17 ou máis bares e restaurantes neste Ribadeo de tapeo que segue ata o domingo entrarán no sorteo de varios agasallos.
O nome dos establecementos gañadores do concurso de tapas daráse a coñecer o vindeiro luns.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



