Alejandro González Pérez, Álex, defenderá a portería do CD Burela FS Pescados Rubén en Primeira LNFS en 2013-14. O meta, de 24 anos, chega á Mariña dende o Santiago Futsal, co que disputou 17 encontros no último exercicio.
Dende as súas orixes no Deporcoslada (2000-03), Álex (Madrid, 1989) formouse e medrou nas filas do Boomerang Interviú (2003-06) e Pinto FS (2006-08). A tempada 2008-09 compatibilizouna entre o Móstoles FS e o Pinto. En 2010-11 abandonou a súa terra para integrarse na estrutura lobellista. No seu palmarés destaca o ascenso a Honra co Pinto FS (2007-08) e unha Supercopa de España.