A Xunta de Goberno resolveu este vernes o procedemento de selección da entidade que colaborará coa Deputación na execución do Sateliz@ate, o programa que leva Internet a núcleos rurais lucenses sen cobertura, chamados zonas de sombra. Segundo datos publicados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Lugo é a provincia galega co maior número destes espazos, contando con 39 Concellos sen cobertura de calidade á Rede, seguida de Ourense, con 27 municipios; A Coruña, con 22; e Pontevedra, con tan só 2. Por poboación, o 58% dos lucenses teñen dificultades para acceder á Rede, fronte ó 32% dos coruñeses, o 29% dos ourensáns e o 2% dos pontevedreses.
O voceiro provincial socialista avanzou que “ante esta clara discriminación do Goberno de Feijóo coa provincia de Lugo, esta Deputación arranca o plan que dára cobertura a Internet mediante vía satélite a 800 veciños, asociacións sen ánimo de lucro, autónomos e PEMES lucenses, residentes nas zonas de sombra na provincia, con 385.000 euros dos fondos europeos que soubo captar este organismo provincial, acordando hoxe a empresa xestora desta programación para, na vindeira quincena, abrir o prazo de inscrición”.
Asesoramento personalizado e in situ
A empresa adxudicataria ofrecerá, primeiro, asesoramento personalizado e in situ a todos os interesados nesta programación e, posteriormente, dotará e instalará o equipamento necesario para acceder á Rede. É dicir, de xeito novidoso, esta entidade aforrará tempo e cartos ós cidadáns, ó asumir todas as xestións administrativas para a tramitación das solicitudes. Para elo, na vindeira quincena, cando se abra o prazo de inscrición, tamén se facilitará un número de teléfono da empresa, ó acceso de todos os interesados na páxina web da Deputación. “Polo tanto, con só unha chamada, esta entidade desprazarase ó domicilio do interesado para coñecer, de xeito individualizado, se cumpre cos requisitos -por exemplo, residir en zonas de sombra-, aclarar calquera dúbida sobre esta programación, entregar o formulario de inscrición ou colaborar na súa cumplimentación. En definitiva, asumirá o proceso de tramitación de todos os solicitantes, aforrándolles tempo e cartos”, destacou Martínez.
Executado en decembro
En setembro, resolverase o proceso de selección dos beneficiados do Sateliz@ate para, neste mesmo mes, iniciar a súa execución. A empresa adxudicataria dotará e instalará entón todo o material necesario, por exemplo as antenas ou routers, finalizando a totalidade destas actuación antes de finais deste ano. “En decembro, 800 veciños, asociacións sen ánimo de lucro, PEMES ou autónomos lucenses, residentes en zonas de sombra, contarán cunha conexión a Internet dun mínimo de 2 megas e dun máximo de 12 megas”, adiantou o voceiro socialista.
A Deputación asumirá a totalidade dos custes destas actuacións, concedendo ós beneficiados unha subvención de ata 500 euros, procedentes dos 385.000 euros que a institución achega a este plan, dos que máis de 300.000 euros son fondos europeos do Innova-TE . Cómpre aclarar que os cidadáns deberán asumir, posteriormente, o mantemento deste servizo, aínda que a Deputación garante tarifas más vantaxosas, ó pactar este servizo para 800 usuarios.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



