A carismática Lucía Nespereira non participará no proxecto do CD Burela FS Pescados Rubén en 2013-14. A ala-peche di adeus tras catro tempadas no Burela FS cunha mestura de sentimentos: “Voume con tristeza, pero tamén feliz pola marabillosa etapa vivida aquí. Cheguei atraída por un proxecto moi motivador e ilusionante que para min creo que rematou esta tempada, co dobrete” xustificaba así a súa marcha a ourensá.
A xogadora, que finalizará oficialmente contrato o 30 de xuño, recoñeceu e agradeceu o interese amosado polo club laranxa para a súa continuidade: “O presidente fixo todo o posible para facilitar un acordo, pero a decisión xa estaba tomada” dixo Lucía, confesando ademais a súa intención de seguir dando guerra nas pistas: “Quero seguir xogando, nestes días decidirei o meu futuro”.
Facendo repaso da súa estancia na Mariña, ‘Puyol’, como foi alcumada polos seareiros e seareiras laranxas, destacou o trato recibido: “Doulle ás grazas ao club, á directiva e todas as persoas implicadas na estrutura do Burela FS por estes catro anos”. A dorsal 15 das burelistas, que sempre gozou dunha conexión especial coa bancada de Vista Alegre, tamén se desfixo en afagos para o seu “equipo e especialmente para o corpo técnico, que nos fixo alcanzar un nivel de xogo impecable e aos que persoalmente botarei de menos”.
“Sempre sentirei o Burela FS coma o meu equipo; o meu desexo é que siga medrando e recollendo novos éxitos para esta grandísima afección da que tanto cariño recibín, dende o primeiro día” concluíu Lucía.
Dende o club, a directiva encabezada por Manuel Blanco despediuse da xogadora agradecéndolle a valiosa achega á evolución e crecemento do equipo para facer historia no deporte mariñán e lucense e desexoulle fortuna nos seus novos proxectos. “Lucía sempre terá en Burela o seu fogar” puntualizou o presidente laranxa.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
