Cervo, 29 de xuño de 2013.- A Concellería de Emprego, que dirixe Yolanda Pedreira, informa de que este luns comezarán a súa formación os primeiros bolseiros beneficiarios do Plan de Fomento do Emprego Xuvenil. Uns mozos que inician as súas prácticas remuneradas en distintos departamentos do Concello e en empresas locais. En concreto son catro os primeiros titulados universitarios e de FP que participan neste programa no que o Concello inviste este ano 35.000 euros.
Unhas prácticas que se prolongarán durante tres meses, tempo no que realizarán tarefas relacionadas cos departamentos municipais e as empresas aos que foron asignados. Neste caso, varios titulados formaranse nos departamentos de Deportes e Medio Ambiente mentres un deles realizará as prácticas en Alrogal. Á hora de designar os servizos municipais onde facer as prácticas, o departamento de Emprego tivo en conta os casos particulares de cada mozo, especialmente a súa formación e as saídas profesionais da súa titulación tentando tamén adecuarse ás súas preferencias “co obxectivo de que lle poidan sacar o máximo proveito ao seu período formativo” explica Pedreira.
Este grupo de mozos son os primeiros en acollerse ao Plan de Fomento do Emprego, pero o Concello explica que paulatinamente se irán incorporando máis titulados para que todas as persoas que cumpren os requisitos para acollerse ao plan poidan participar. Unha entrada gradual que busca “que a formación que reciban sexa de calidade” engade a edil.
Ao mesmo tempo, a delegación de Emprego lembra que o Concello ten a intención da darlle continuidade a este plan e xa traballa para incluír unha partida no orzamento do ano que vén para seguir outorgando máis bolsas. Hai que destacar que a administración local financia ao 100% as bolsas dos titulados que realizan prácticas nos departamentos municipais, mentres no caso dos convenios con entidades privadas o Concello achega o 50% e a empresa receptora o 50% restante. Ademais, a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) tamén colaborou na posta en marcha do programa.
Cabe lembrar que este programa está dirixido a titulados universitarios ou de FP do sistema público educativo de Galicia empadroados en Cervo, menores de 30 anos no caso de titulados de FP e menores de 31 no caso de persoas con estudos universitarios. Ao mesmo tempo, entre os requisitos tamén se atopa que teñan pasado menos de 3 anos dende a obtención do título e que non teñan desempeñado un traballo profesional remunerado relacionado coa súa titulación.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



