Lourenzá, 1 de xullo de 2013. A corporación local de Lourenzá ofrecerá mañá, martes, ás doce do mediodía unha recepción a representantes da asociación Hijos de Lorenzana en La Habana que están estes días visitando A Mariña. No mesmo acto colgaranse no salón de sesións municipal un cadro dedicado a ese colectivo e outro de Ángel Hermida, por ser fillos predilectos do concello.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que “aproveitando este acto de recepción vamos dar cumprimento a un acordo plenario de 1912. O día 16 de novembro dese ano, sendo alcalde Valentín Solla de Ron, adoptaron o acordo plenario de nomear fillo predilecto á asociación Hijos de Lorenzana en La Habana, que estaba facendo moitas obras para os seus veciños aquí, no noso concello, e dende aquela seguen facendo traballo pero agora é un labor máis de buscar vínculos e ao mesmo tempo de seguir celebrando as costumes as tradicións que facían en Lourenzá pero na illa de Cuba”.
A rexedora municipal explicou que “naquel acordo plenario aparte de nomealos fillos predilectos tamén se recolle que debe figurar no salón de sesións un cadro, adecuado ao local e ao mérito que contraen, cos nomes de todos os indicados fillos predilectos. E por iso mañá vamos colgar un cadro que recolle a acta do 16 de novembro de 1912 pola cal se proclamou á asociación Hijos de Lorenzana como fillo predilecto de Lourenzá”.
Emma Álvarez tamén deu a coñecer que “no mesmo acto temos previsto facer o mesmo con don Ángel Hermida, nomeado o 22 de novembro de 2008 tamén fillo predilecto e o seu cadro tampouco colga no salón de plenos. O único que hai ata o de agora é o de Francisco Fernández del Riego, que se puxo no ano 2011, coincidindo coa Festa da Faba, e fíxoselle unha homenaxe póstuma. A partir de mañá haberá no salón de plenos do Concello cadros dos tres fillos predilectos que ten Lourenzá: Hijos de Lorenzana, Francisco Fernández del Riego e Ángel Hermida”.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



