Santiago de Compostela, 12 de xullo de 13. A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, mantivo este venres 12 de xullo un encontro cos representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade de Lugo, aos que confirmou o apoio dos socialistas galegos á Iniciativa Lexislativa Popular para garantir a prestación das especialidades de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear no Hospital Universitario Lucus Augusti –HULA-.
A responsable socialista amosou o seu respaldo ás demandas deste colectivo fronte á “discriminación” que ten perpetrado o goberno galego contra a cidadanía desta provincia, a quen furta uns servizos sanitarios que si garante no resto das provincias galegas e en contra da publicidade que emite o goberno galego.
Gallego confirmou o compromiso dos socialistas galegos coa sanidade pública e a igualdade de trato, e asegurou que o colectivo “contará co noso apoio” no momento da defensa desta iniciativa, xa que defende uns servizos que os socialistas galegos “vimos reivindicando dende a Cámara autonómica xa dende a pasada lexislatura.