Foz, 31 de xullo de 2013. En Fazouro rematou onte o ciclo de xuntanzas veciñais que mantivo o equipo de goberno do Concello de Foz. Javier Castiñeira dixo que o resultado é moi positivo e anunciou que se volverán facer o vindeiro ano.
Para rematar as reunións nas parroquias do concello o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e outros dous concelleiros do goberno local, Pedro Fernández Manín e Ánxel Paleo, xuntáronse onte cos veciños de Fazouro. O rexedor di estar moi contento co resultado xa que nela, “igual que no resto de parroquias, formuláronse diferentes suxestións e queixas que non distan demasiado das que houbo en todas as demais, como polo estado das pistas forestais. Tamén fixeron outras, relacionadas coa praia de A Pampillosa, cun derrubamento que hai no dique, coa limpeza e roza e algunha tamén referente á escola onde a asociación de veciños ten a súa sede, pero en xeral houbo moi bo ambiente. O grupo de goberno tomou nota e tratará de dilixenciar todas as queixas posibles”.
Castiñeira sinala que o resultado das xuntanzas é “moi positivo, xa que falamos cos veciños e cos representantes veciñais de cada parroquia durante un par de horas e trataremos de repetilo para o ano que ven. Despois de todas as reunións que se fixeron xa se resolveron varios dos problemas; dalgúns o Concello tiña descoñecemento no seu momento e son necesidades importantes para os veciños”.
O alcalde agradece “ás asociacións de veciños, neste caso á de Fazouro, por estar alí cos seus representantes de forma totalmente respectuosa cos habitantes e co grupo de goberno; a todas as demais asociacións en xeral e a todos os veciños que acudiron, que facendo un cómputo xeral estamos a falar de que son máis de 150 os que pasaron polas diferentes reunións”. Por último, reiterou que están “moi contentos e tratando de dilixenciar todas esas suxestións e todas esas queixas formuladas”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



