Ribadeo, 2 de agosto de 2013. Máis de 22.000 persoas pasaron polos dous puntos de información turística de Ribadeo durante o pasado mes de xullo, das que 11.900 corresponden á praia das Catedrais. A ocupación hostaleira situouse no 72%, segundo os datos que este xoves deu a coñecer a concelleira de Turismo, Ana Martínez.
A edil nacionalista sinalou que “pola oficina de turismo de Ribadeo, situada no centro da vila, pasaron máis de 10.000 persoas solicitando información turística do noso concello. A esta cantidade hai que engadirlle as visitas realizadas en grupos organizados, que cada son máis, contabilizándose uns dez grupos, que foron outras 434 persoas”. Martínez subliñou que “a porcentaxe máis alta de visitantes se deu durante a segunda quincena do mes de xullo, período no que destaca a ponte de Santiago. Nesas datas pasaron pola oficina de Ribadeo máis de mil cincocentos viaxeiros. Isto indica un incremento respecto ao número de visitantes que se achegaron a este concello durante o 2012, a pesares da situación que estamos a vivir a xente toma coma referencia a nosa vila para visitar durante o verán no que nos atopamos”.
Os turistas que chegan a Ribadeo teñen entre 35 e 60 anos e hai un grande número de viaxeiros que realizan as súas escapadas vacacionais en familia. O 88% do turismo é nacional, pero o 12% restante son estranxeiros. Esta última cifra incrementouse nun 3% con respecto ao pasado ano. Ana Martínez indicou que “neste 2013 temos rexistradas ata 32 nacionalidades diferentes de paso por Ribadeo, desde puntos tan diversos coma Rusia, Australia, Lituania, Camboya ou Bermudas. Franceses, alemáns e italianos son a maioría dos turistas internacionais que recibimos e no caso do continente americano hai un punto a resaltar que é a presenza de arxentinos que buscan nesta zona as súas raíces. O continente asiático tamén nos proporcionou visitantes neste ano, o que quere dicir que estamos posicionados por todo o mundo”.
En canto ao turismo nacional son os madrileños os que máis se achegan a coñecer Ribadeo, seguidos de Castela-León e Galicia, neste caso o público galego viaxa máis durante as fins de semana. Incrementouse neste 2013 a visita de andaluces e aragoneses. A edil de Turismo considera que “se trata dun visitante que ven buscando un turismo de calidade e diferente, no que prima a paisaxe, a cultura, a gastronomía e sobre todo o bo trato persoal. O turismo de sol non é o que nos caracteriza e buscan esas cousas que nos diferencian doutros puntos de praia”.
A maioría dos visitantes chegan a Ribadeo en vehículo propio “e temos un dato este ano para comentar que é importante e que corresponden ao número de visitantes que se acercan aquí en barco. Son viaxeiros que recalan no noso porto usando as máis de 20 prazas de tránsito que o Real Club Náutico de Ribadeo ten habilitadas para este fin. Segundo os datos que nos proporcionou o RCNR unhas 200 embarcacións arribaron no mes de xullo en Porcillán o que, a unha media de 3 persoas por embarcación, supón que unhas 600 persoas chegaron a Ribadeo en barco”.
Tamén é importante en Ribadeo a presenza de peregrinos, “pola oficina de turismo pasan unha media de 30 a 40 ao día. O albergue de Ribadeo durante moitos meses ao ano énchese a diario e tamén se emprega o que o Concello ten en Vilela e que conta con 34 prazas”.
As Catedrais
Un apartado especial merece a praia das Catedrais. Polo punto de información turística do areal pasaron en xullo 11.900 persoas “das que o 90% corresponden a visitantes nacionais e o resto a estranxeiros: Italia, Grecia e Alemaña. Dese número total de persoas arredor de mil chegaron en viaxes organizadas. Estas son as cifras rexistradas de persoas que demandan información nese punto, pero segundo os datos que recaban os técnicos que están alí a media de visitas diarias que chega á praia das Catedrais é dunhas 1.500 persoas”. Para Ana Martínez “trátase dunha cifra moi importante, tendo en conta a influencia que ten para o desenvolvemento turístico de Ribadeo e de toda A Mariña. Pero debemos seguir demandando ese plan de xestión para As Catedrais, co obxectivo de preservar e coidar da mellor forma posible este entorno”.
A ocupación hostaleira media estivo en xullo nun 72% “repercutindo así dun xeito positivo na economía local, no comercio e no sector turístico, a pesares da situación que nos tocou vivir. Aínda que gastan menos por persoa e as pernoctacións son máis curtas o número de visitantes é moi elevado”.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



