RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, tilda de moi positivo que o Ministerio de Medio Ambiente saque a concurso a redacción do proxecto de recuperación da ruta do antigo tren mineiro entre a Vilavella e Ribadeo. As empresas poden presentar ofertas ata o vindeiro 6 de xuño. O presuposto para a redacción de dito proxecto é de 147.000 euros. O rexedor asegura que “podemos dicir que finalmente comenza a conta atrás para que este proxecto sexa unha realidade. Levámolo debatindo desde hai 20 anos en varios cumios interautonómicos, a Xunta de Galicia tivo dado mostras de levalo adiante, pero nunca se fixo. Por fin podemos dicir que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, saca a concurso a redacción do proxecto tal e como acordamos hai meses co responsable de Costas. É fundamental para os Concellos de Ribadeo e de Trabada e para poder unir outra vez a través de senda verde o que foi a ruta do tren mineiro entre Vilaodriz e Ribadeo. Alí sacóuse moito mineral de ferro e houbo unha vía de transporte de pasaxeiros e agora comenzamos a conta atrás para que sexa unha realidade”.
Suárez Barcia explicou que “está en período de presentación de ofertas a redacción do proxecto para a recuperación do antiga ruta do tren mineiro entre a Vilavella eTrabada. O prazo está aberto ata o 6 de xuño e a redacción de dito proxecto ten un presuposto de 147.000 euros. Hai que ter en conta a envergadura deste proxecto, xa que afecta a dous concellos, xa que seguramente haberá que expropiar terreos para poder dar unidade a toda a vía e penso que desde agora, desde que se licita o proxecto, ata que se adxudique e que se liciten posteriormente as obras van pasar meses”.
O alcalde insiste en que “é a conta atrás e este gran proxecto turístico, medio ambiental, de descubrir a ría de Ribadeo por diferentes puntos que habitualmente a xente non está afeita a vela e que por esta mesma vía verde que se adentra polo río Eo arriba poderá permitir que xente de Ribadeo poida ir andando a Trabada por sitios magníficos e maravillosos ou en bicicleta sen prácticamente desniveis. E é un proxecto que traerá riqueza desde o punto de vista turístico e que lle vai vir moi ben a toda esta oferta hoteleira e hosteleira que temos no noso concello, e que tamén beneficiará a Trabada, San Tirso ou A Ponteno























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



