RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convida aos veciños do concello, da comarca da Mariña e do Occidente asturiano a acudir aos actos de recreación da invasión das tropas napoleónicas ocorrida hai 200 anos. O rexedor sinala que “se trata dunha fin de semana de recreación e de recuperación da memoria histórica, xa que se conmemoran os 200 anos dunha batalla que tivo lugar con partes desiguais…por unha banda, un destacamento do exército francés comandado polo xeneral Fournier e por outra unha serie de veciños de catro parroquias de Ribadeo (Arante, Covela, Cedofeita e Ove) e de tres de Trabada (Balboa, Vidal e Sante) que armados con escopetas e fouces levaron a cabo unha campaña contra os soldados de Napoleón. Despois de 200 anos e de que incluso desde aquela se conmemora na festa das Cruces o bandeo dos pendóns, en Ribadeo co apoio do Xacobeo e da Deputación quixemos levar adiante estes actos conmemorativos que se celebrarán mañá e o domingo”.
Os actos darán comenzo mañá ás 11:30 horas coa recreación dun campamento e a dotación dun forte da época no Forte de San Damián. Ás 20:00 horas haberá un desfile polas rúas do casco vello da vila e a recreación da liberación do pobo da invasión francesa na Praza de España, onde se verán tropas francesas, veciños da vila que loitaron contra eles, o exército e a caballería que actuará ese día. E despois como paso previo á celebración da festa das Cruces en Arante, o domingo 31 de maio ás 12:30 horas descubriráse unha praca conmemorativa por parte das autoridades de Ribadeo e de Trabada na igrexa e ás 13:00 horas haberá a recreación da batalla na Ponte.
Fernando Suárez considera que “estamos diante dunha fin de semana atractiva de cara ao lecer e de recreación e recuperación da nosa memoria histórica e dos acontecementos que tiveron lugar aquí hai 200 anos”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



