A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza un ciclo de teatro infantil denominado San Lourenciño máxico, que se vai desenvolver xusto antes do inicio das festas de San Lourenzo, concretamente dende o vindeiro luns, día 5, ata o mércores 7. Os tres días esta actividade para nenos e nenas será ás 21 horas no patio do colexio público Número 1. O luns 5 a compañía Lusco e Fusco ofrecerá o espectáculo denominado Encontros, o martes 6 o grupo Pistacatro representará Nono e o mércores 7 rematará o ciclo coa compañía Duelirium e o espectáculo O que queda por chover.
Teatro infantil en Foz co San Lourenciño Máxico
Teatro infantil en Foz co San Lourenciño Máxico
Relacionado
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas