O Punto de Atención á Infancia de Cervo organizou este luns un acto de clausura do curso 2012-2013 ao que acudiron os alumnos e alumnas e as súas familias así como os profesores e no que se ofreceron actividades diferentes segundo o tramo de idade dos pequenos. Os maiores, os de 3 anos, participaron nun acto especial de despedida do PAI, xa que para o curso que vén pasan a segundo ciclo de educación infantil. Un evento que consistiu na súa graduación, para o cal recolleron os diplomas e a orla ataviados co barrete e o broche típicos destes actos. Os nenos de 1 a 2 anos celebraron o seu Paso de Ecuador e aos máis pequenos, os de 0 a 1 anos, recibiron un recoñecemento polos seus avances neste primeiro curso. Un acto festivo que se vén celebrando nos últimos anos para despedir o curso e co que dende a Concellería de Educación pretenden “amosar aos alumnos a importancia que ten cada paso que dan na súa aprendizaxe” explica a edil, Pilar Armada.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



