O presidente da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), José Balboa, asinou este martes, xunto coa directora da oficina de La Caixa da Fonte de Santo Antonio (Santiago de Compostela), Alejandra Varela, o convenio de colaboración que rexe a posta en marcha do proxecto ‘Comunícate CONTICs, sen complexos’.
O convenio asinado é o resultado do proxecto presentado por FEGADACE a unha das convocatorias para o financiamento de proxectos sociais feita pública pola Fundación La Caixa. O obxectivo xeral de ‘Comunícate CONTICs, sen complexos’ é “mellorar a capacitación, comunicación e a promoción da autonomia persoal das persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA)” mediante o uso das potencialidades dos dispositivos móbiles e das tablets.
Está previsto que participen neste proxecto piloto 25 persoas con dano cerebral de entre 19 e 45 anos usuarias das diferentes asociacións integradas en FEGADACE. Estudarase se o uso das novas tecnoloxías é quen de facilitar as capacidades comunicativas, e, polo tanto, incrementar a inserción social deste colectivo. As persoas participantes teñen todas dificultades de comunicación; reforzando esta capacidade a súa autonomía persoal medrará.
A dotación económica do proxecto vai servir para adquirir as tablets coas que van traballar as persoas con dano cerebral participantes en ‘Comunícate CONTICs, sen complexos’. Será necesaria tamén para a capacitación dos axentes implicados no proceso: familias, profesionais das asociacións e voluntariado, ademais das persoas con DCA.
A simplificación e o mellor manexo do hardware é unha das claves que facilita o seu uso polas persoas con necesidades especiais. Estes soportes, xunto cos instrumentos de intervención logopédica e/ou educativa, axudan ao colectivo de persoas con dano cerebral a incrementar as súas capacidades comunicativas. O proxecto vai comezar a desenvolverse o mes que vén.
A Federación Galega de Dano Cerebral constituíuse en 2007 polas cinco asociacións que traballan en Galicia: ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago. O obxectivo da Federación é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas afectadas polo dano cerebral adquirido.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



