Mañá, sábado, día 14 de setembro, a colonia asturiana asentada na bisbarra vai celebrar, como é de rigor, a festa da Virxe de Covadonga, patroa do Principado. A veneración á Santina é un sentimento fondamente arraigado no corazón daquelas xentes e a manifestación do mesmo traspasa con moito o que é o seu entorno mais próximo. A Virxe diuse á vela e gañou terras e mares de América, e de medio mundo, porque os nativos, pobo emigrante, fiel á terra e ó sentido e apego á virtude racial que se define como “asturianía”, que tan lexitimamente pregoan, e da que fan partícipes a quen os rodean, lévana consigo alí a onde eles chegan. Esa é a experiencia do mais de coarto de século que hai da presencia notoria dos astures, que se integraron na nosa xeografía humana á que contribúen cos seus valores, pois que son xentes dinámicas, extrovertidas, solidarias e participativas, deixando as súas pegadas na sociedade, sobremaneira nas facetas deportivas, culturais e lúdicas.
Mañá as gaitas indíxenas de A Subela espallarán os sons de ledicia pola celebración de irmandade, para mais tarde continuar coa misa na honra da Santina, cantada pola Coral Villa Blanca, de Luarca, que a continuación ofrecerá un concerto, e ó anoitecer comenzará a grande “espicha” na que se prodigarán os clásicos “bollus preñaus”, ovos cocidos e demais manxares típicos, xenerosamente regados pola sidrina, diatética e
estimulante, seleccionada para a ocasión… Na longa velada agromará o talante cordial e festivo da concorrencia e, entre “culín” e “culín”, soarán vellos e nostálxicos cantares da terra nai, aínda que acaso en tales trances, lúdicos e báquicos, ninguén lembre aquel consello: “ Si quieres cantar bien, niña / y tener voz de clarín / bebe agua de Covadonga / recogida del calderín” Desexamos ós nosos amigos/as asturianos/as unha Santina, festa sempre entrañable, plena de felicidade.
Suso Fernández



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



