A MARIÑA (FNC) .- A primeira tenente de alcalde do Concello de Burela, Neves Cando, asegurou que agora veciños de A Mariña deben desplazarse a Lugo para seren avaliadas e tramitar solicitudes de dependencia. Según indicou a nacionalista Neves Cando, concelleira de Benestar Social do Concello de Burela, “no Concello de Burela estamos a recibir queixas e así o queremos denunciar publicamente de persoas de Burela que se ven obrigadas a desprazarse a Lugo para ser avaliadas e tramitar a súa solicitude de dependencia”. A edil nacionalista sinala que “ata a entrada no goberno da Xunta do PP había unha profesional que atendía na residencia de maiores de Burela que se encargaba de realizar todos estes trámites para a valoración da dependencia, e agora non se lle renovou o contrato e os veciños de Burela e doutros concellos da Mariña vénse obrigados a trasladarse a Lugo para realizar esta valoración, co que produce trastornos e molestias para esta xente xa de por si delicada no seu estado de saúde”.
Cando cre que “esta é unha situación moi preocupante e moi grave porque obriga a moita xente a desprazarse máis de 100 quilómetros, cando antes estes trámites se facían na residencia de maiores aquí en Burela. Queremos saber a qué se debe a perda deste servizo básico na Mariña, que ten que dicir a isto o PP que é responsable deste asunto ou si é unha desas medidas de austeridade que tanto anunciou o señor Núñez Feijóo. Queremos que o PP lle explique á xente da Mariña que ten que desprazarse a Lugo para tramitar a súa valoración de dependencia porqué non pode facer aquí en Burela como se facía antes”. A responsable de Benestar Social engade que “para aclarar todos estes aspectos o BNG ven de presentar unha serie de preguntas no Parlamento galego para que se dea unha explicación clara desta situación que está obrigando aos mariñáns a desprazarse a Lugo a facer algo que hai tres meses se podía facer aquí en Burela”.






















Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



