Lionel Rexes.- Do mesmo xeito que falamos dunha Galiza urbana, rural ou mariñeira convén lembrar que existe a Galiza emigrante, un eido frutífero non só no económico e no social, senón tamén nos seus aspectos históricos, xa que logo, esta Galiza de aquén e máis de alén adoitamos desdobrala en epígrafes como Galiza exterior ou territorial, segunda xeración, retornados… Todas estas denominacións acuñadas por historiadores ou estudosos do fenómeno migratorio galego me resultan familiares. Eu, nado na Galiza exterior, fillo de emigrantes primeiro e de retornados despois, non podo calar ante o atropelo que a Axencia Tributaria española está a cometer cos emigrantes retornados que perciben pensións de xubilación doutros estados.
Os mesmos cidadáns que se viron obrigados a deixar a súa terra, os mesmos que enviaron divisas para mercar os primeiros electrodomésticos que se viron nas aldeas galegas, os mesmos que axudaron aos familiares de aquí a mercar casas e leiras para liberalos dun sistema feudocaciquil, eses mesmos galegos, que agora, con setenta, oitenta ou noventa anos, moran na terra que amaron e soñaron dende a emigración, eses mesmos! son agora tratados como defraudadores fiscais, como vulgares delincuentes, cando o que fixeron durante toda a súa vida profesional foi investir –diñeiro, ideas e proxectos- no seu país.
A campaña recadadora que a Axencia Tributaria está a perpetrar, baséase nunha lei do ano 2006, a cal, curiosamente, non foi presentada en sociedade até o ano en curso, para deste xeito, poder aplicar o carácter retroactivo e máis os intereses de demora ás vítimas das sancións. Sancións que están a desacougar e empobrecer a milleiros de emigrantes retornados en Galiza e no resto do Estado.
Descoñecemento e desinformación foron cómplices necesarios da Axencia Tributaria para artellar esta operación de depredación; inxusta, aleivosa e miserábel.
Por todo isto, decidín sumarme a un proxecto xurdido da indignación e da carraxe de moitos emigrantes, fillos de emigrantes e cidadáns solidarios dispostos a deter este atropelo, trátase do Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña, o cal, agrupa non só aos afectados actuais, senón aos susceptíbeis de selo pola súa condición de retornados. Lembremos que xa chegaron moitas notificacións con expedientes sancionadores, mais a meirande parte delas aínda están por chegar.
A mensaxe e obxectivos deste recen nado colectivo son claros: Non ás sancións, non aos intereses de demora, non ao carácter retroactivo destes expedientes e devolución do diñeiro aos retornados que xa regularizaron a súa situación.
Cómpre salientar que este berro de loita e esperanza non só se está a escoitar na Mariña, comarcas de toda Galiza contan xa con plataformas de afectados dispostas a mobilizarse, a facerse escoitar en plenos e parlamentos, a defender a dignidade dos nosos emigrantes e a non deterse até conseguir os devanditos obxectivos.
Fica claro que até que non se modifique a lei que atinxe aos retornados, non recibirán un trato xusto por parte da Axencia Tributaria, e digo xusto, non privilexiado, como veñen de recibir quen se acolleron á amnistía fiscal, unha norma feita á carta para defraudadores e evasores profesionais… Que peculiar é o concepto de legalidade que nos demostra o Estado español.
Lionel Rexes



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



