Ribadeo, 27 de setembro de 2013. O Concello solicitaralle á Xunta a declaración de parque natural para As Catedrais e que poña en marcha os outros instrumentos cos que conta desde hai anos para a conservación deste areal. Este foi un dos asuntos abordados no pleno ordinario de onte no que tamén se aprobou por unanimidade reclamarlle ao goberno galego a reposición dunha praza de médico no centro de saúde ribadense.
O rexedor incidiu “na necesidade de facer algo coa praia das Catedrais, algo coa costa de Ribadeo, algo que sexa positivo para todos, para os propietarios, para os veciños do noso concello e algo que poida ser un motor económico, de riqueza sen que cheguemos a estragar esta marabilla da natureza que temos a fortuna de ter aquí en Ribadeo e pola que outros devecen”.
Fernando Suárez explicou que “despois dun debate sosegado durante moitos meses acordamos unha fórmula concreta que é a demandar do goberno galego, por ser o que ten as competencias para isto, o inicio dos trámites para a delimitación e creación do parque natural das Catedrais. E ao mesmo tempo, sabendo que isto é un proceso que se pode demorar no tempo, reclamarémoslle á Xunta que poña en funcionamento os instrumentos que xa ten creados desde hai tempo, pero que nunca quixo levar adiante, como son os plans de conservación da praia das Catedrais ou outros que hai que desenvolver co LIC (Lugar de Interese Comunitario) coa Rede Natura que está declarada desde hai dez anos en toda a costa de Ribadeo”.
O alcalde sinalou que “a parte do goberno municipal PSOE e UPRI votaron a favor desta proposta e o PP votou en contra contradicíndose en moitos dos seus argumentos e ás veces dicindo cousas que causan estupor. A súa portavoz, Campo Braña, acusaba ao goberno municipal e ao alcalde de ser os responsables de que veña moita xente a Ribadeo e ás Catedrais e que igual é mellor que veña menos xente de máis calidade ou algo así. No nome do goberno municipal e meu teño que dicir que estamos orgullosos e satisfeitos de que Ribadeo nestes últimos tempos brilla con luz propia en toda Galicia e somos un exemplo de xestión turística na que moitos concellos se miran”. Suárez Barcia engadiu que “acusarnos a nós de que somos responsables de que veña moita xente ás Catedrais é querer tapar os ollos e non querer ver o que diferentes organismos internacionais están sempre a premiar, a galardoar e a recoñecer este areal. Ademais Turgalicia e Turespaña usan de mascarón de proa a praia das Catedrais, polo tanto sabemos que ou entre todos tomamos medidas ou seguramente acabemos matando á galiñas dos ovos de ouro”.
Arredor de 200 persoas se concentraron antes do inicio do pleno nas inmediacións do Concello para reclamar a reposición da praza de médico que se suprimiu no centro de saúde. O rexedor dixo “sentirse orgulloso de ser de Ribadeo e de ver cómo responde a cidadanía. Despois no pleno a proposta que levabamos desde o BNG para o mantemento desta praza foi secundada por todos os membros da Corporación, algo que valoro de xeito importante. Incluso logo aprobamos mocións da oposición reclamando a atención oncolóxica no Hospital da Costa, pero cunha moción de urxencia tamén pola nosa parte para que iso sexa real e non sexa só un médico que se desprace de Lugo a Burela para dar as pautas médicas receitadas, senón que se converta nun hospital oncolóxico con recursos humanos, materiais, con espazo físico e cun parque móbil suficiente que permita atender aos veciños e veciñas de todos os Concellos da área sanitaria da Mariña”.
Conta xeral de 2012
No pleno de onte tamén se aprobou a conta xeral de 2012 “por unha ampla maioría e debemos dicir que ven sendo un resumo do exercicio dese ano. Estamos a mellorar cando peor está a situación en xeral. Sabemos que temos moi dificultades e sabemos que non podemos facer todas as cousas que aos veciños lles gustarían, pero estamos facendo algo do que nos sentimos moi orgullosos. Estamos a pagar aos provedores no que marca a lei, alguén se pode botar a rir pensando que así debe ser, pero eu que levo catorce anos aquí no Concello nas diferentes facetas de concelleiro de oposición, tenente de alcalde e alcalde nunca o Concello pagou a dous meses, incluso había veces nas que pagaba a un ano. Isto veuse mellorando a forza de ter os remanentes positivos e gastando chisquiño menos do que presupostamos, sen estridencias, sen excedernos no gasto e aínda sabendo que temos moito que facer e que mellorar”, relatou o alcalde.
Festivos locais
A Corporación Municipal acordou os dous festivos locais para o ano 2014 que serán o martes de carnaval e o 8 de setembro, día da patroa. E por unanimidade aprobouse a proposta de Serviocio para executar reformas e melloras na piscina municipal en materia de seguridade e de saúde. Fernando Suárez lembrou que “se reforzará a cuberta desas instalacións, que ás veces presentaba síntomas de que está un pouco estragada e ao mesmo tempo de cambiar o sistema de depuración a través de raios ultravioletas, que reducirá o cloro á mínima expresión e con toda garantía sanitaria e legal”.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



