Burela, 28 de setembro de 2013. O alcalde de Burela, José María González Barcia, compareceu este sábado en rolda de prensa acompañado da práctica totalidade do seu equipo de goberno para facer dous anuncios importantes de cara ó asociacionismo e ó conxunto de veciños e veciñas do concello.
González Barcia manifestou que o Concello burelés vai destinar 25.000 euros do exercicio presupostario do presente ano 2013 a subvencións a distintos colectivos deportivos, culturais e sociais, co fin de axudarlle ó tecido asociativo a manter as actividades que veñen realizando.
Barcia foi moi concreto: “non son as axudas que as asociacións desexarían, e tampouco son as que a nós nos gustaría conceder, pero a realidade é a que é , e a ela nos temos que axustar”. O alcalde engadiu que “o equipo de goberno está a facer un esforzo considerable para poder dispoñer destes cartos, que non van solucionar todos os problemas, pero que seguro farán algo máis levadeira a difícil situación pola que pasan moitos colectivos”.
O rexedor burelés afirmou que “foi o principio da prudencia o que nos levou a agardar hasta este momento do ano para ver como estaba realmente a execución do presuposto municipal. Efectivamente, nos presupostos do presente ano non había practicamente nada para subvencións, pero a nosa intención era recuperalas, e para iso había que conter o gasto noutros conceptos”.
José Mª González Barcia dixo que “chegados a este punto considero que este equipo de goberno cumpre os seus compromisos. Os presupostos do bipartito dos anos 2010 e 2011 so daban subvencións para tres colectivos deportivos, e todos os demais quedaron excluídos. En 2012 vímonos na obriga de pechar a billa para poñer ó día a complexísima situación económica que nos atopamos por culpa de sete irresponsables. Pero durante este 2013 conseguimos recuperar as subvencións, que estou seguro que os colectivos e asociacións agradecerán”.
O alcalde indicou que “destas subvencións, quedan excluídos o Burela Fútbol Sala e ACIA, xa que con estes colectivos están establecidos outros mecanismos de colaboración, que funcionan axeitadamente”.
González Barcia sinalou que “no vindeiro pleno incluirase na orde do día a modificación dos presupostos e das bases de execución para poder levar a cabo este compromiso deste equipo de goberno do Partido Popular”.
O alcalde manifestou que “o que aquí anunciamos non significa que para 2014 haxa esta cantidade; pode haber máis, pero tamén pode haber menos. Aínda que o que si é certo é que comeza unha nova fase que non ten nada que ver co que o bipartito nos deixou en herdanza. Estou seguro que a algúns non lles gusta nada esta noticia, porque desexarían que continuáramos sen dar subvencións; sinto decepcionalos unha vez máis, pero nós, a diferenza deles, si que cumprimos, e iso os veciños e veciñas o saben”.
Posibilidade de fraccionar o pago do IBI en 2014
Ademais, José María González Barcia anunciou que o seu equipo de goberno está a estudar a posibilidade de fraccionar en dous prazos o pago do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), a coñecida como contribución urbana, para o exercicio presupostario de 2014.
O alcalde burelés recoñeceu que “hai familias ás que nestes momentos lles está a custar sortear a difícil situación económica que estamos a vivir, e por iso estamos seguros que esta medida vai ter moi boa acollida, xa que permitirá maior marxe de manobra para esas familias que pasan por unha situación económica delicada, que así verán algo máis aliviada”.
Segundo Barcia “esta medida aplicarase a aquelas persoas que teñen domiciliado nunha entidade bancaria o pago deste imposto, que superan o sesenta por cento do total do padrón do IBI. O primeiro prazo abonaríase no mes de xuño e o segundo no mes de setembro ou outubro. Os recibos que non están domiciliados non se poderán fraccionar, e eses serán abonados nos meses de xuño e xullo”.
González Barcia indicou que “este asunto xa está moi avanzado coa Intervención municipal. De feito, nos próximos días adoptaremos unha decisión, que será incluída na orde do día do vindeiro pleno da Corporación”.
O alcalde burelés afirmou que “sería desexable que non se faga demagoxia con este asunto, e que se aborde o mesmo con realismo e pragmatismo. Algún virá seguramente plantexando cuestións que legalmente non se poden aplicar, pero cada quen ten a responsabilidade que ten, e nós temos a responsabilidade de gobernar e así o facemos”.
Finalmente, José María González Barcia manifestou que “o pleno será con case total seguridade o día dez de outubro; se se retrasa, é por motivos máis que sobrados, entre os que están os asuntos que antes indiquei, e que precisan de informe de secretaría. Nós non somos coma outros, que aprazaban os plenos por calquera motivo sen ningunha importancia”.


















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



