A base burelista viviu unha fin de semana de festa futbolística como antesala do inicio das diferentes competicións. O conxunto xuvenil liderou a rolda de amigables da familia laranxa impoñéndose con solvencia ao Vilalba FS (10-0).
Na visita do Azkar Lugo FS a Vista Alegre, os máis peques resolveron os compromisos con éxito, con vitoria (3-2) o Benxamín e trepidante empate (4-4) o Alevín A. O Infantil A e o Cadete A tivérono máis complicado con rifadísimos encontros, que caeron finalmente do lado transportista, con 0-3 e 2-3 respectivamente.
No duelo da casa, a experiencia do Cadete B fixo valerse sobre o Infantil B (0-10).
FICHAS TÉCNICAS DOS PARTIDOS
ED Burela FS Benxamín 3-2 Azkar Lugo FS Benxamín
ED Burela FS: Cinco inicial, Álex Bermúdez, Pablo, Anxo (1), Javi e Álex Altamirano (1); tamén xogaron Manuel, Noel (1), Lucas, Martin, Miguel e Pedro
Azkar Lugo FS: Cinco inicial, Raúl, Pablo, Manuel, Iker (1) e Miguel; Tamén xogaron: Bruno, Pablo (1), Luis, Antón, José, Marco e Daniel.
Árbitro: Arcilio dos Santos (Delegación da Mariña)
ED Burela FS Alevín 4-4 Azkar Lugo FS Alevín
ED Burela FS: Cinco inicial, Álex, Pol (1), Nico, Isaac e Pablo (1); tamén xogaron Anxo, José (1), Diego, Gustavo Henrique, Antonio, Jorge (1) e Edmilson
Azkar Lugo FS: Cinco inicial, Dani, David Díaz, David Arias (2), David Rosón (1) e Igor; tamén xogaron Lorenzo (1), Adrián, Nuno e Pablo
Árbitro: Arcilio dos Santos (Delegación da Mariña)
ED Burela FS Infantil A 0-3 Azkar Lugo FS Infantil
ED Burela FS: Cinco inicial Luismi, Aarón, Diego, Luka e Nito; tamén xogaron Bruno, Domingos, Rubén, Álvaro, Aitor, José L. e Yeremay
Azkar Lugo FS: Cinco inicial Pablo, Noé, Mario, David Múñiz e Noé (1); tamén xogaron Borja (1), Luis, Jacobo, David Ferreiro, Ignacio, Iago e Óscar (1)
Árbitro: Pablo Coello (Delegación da Mariña)
Burela FS Cadete A 2-3 Azkar Lugo FS Cadete
CD Burela FS: Cinco inicial Labayén, Mini, Mamadou, Aleixo e Aitor; tamén xogaron Jordan (1), Pitero, Kaká, Xosé (1), David e Aarón.
Azkar Lugo FS: Cinco Inicial Carlos, Cley (2), Jon, Marcos e Brais Méndez; tamén xogaron Brais Ansede, Luis, Yago, Daniel, Pablo (1), Rodrigo e Pedro.
Árbitro: Pablo Coello (Delegación da Mariña)
Burela FS Xuvenil 10-0 Vilalba FS Xuvenil
CD Burela FS: Cinco inicial Erik, Rubén, Jorge, Sanjurjo (1) e Renato (3); tamén xogaron Rafa (1), Isi (1), Borja, Riveiro, Richy (2), Cora (1) e Marcos
Vilalba FS: Cinco inicial Santiago, Carlos, Ángel, Adrián, Álvaro; tamén xogaron Martín, Felipe, Rubén, Iván, José Manuel, Javier e Pedro
Árbitro: Benjamín e Naray (Delegación da Mariña)
ED Burela FS Infantil B 0-10 Burela FS Cadete B
ED Burela FS Infantil B: Cinco inicial Xesús, Álvaro, Jairo, Clever e Edilson; tamén xogaron Manuel, Hugo Manin, Martín e Alfonso
CD Burela FS Cadete B: Cinco inicial Luismi, Álvaro (1), Roberto (1), Hugo (1) e Raúl (3); tamén xogaron: Labayén, De Brito (2), Arfang, Jardel (1), Adán (1), Efrén, Martín Hermida e Luis Enrique.
Árbitro: Carlos Moreno






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
