Un cento de fotografías foron recibidas para a participación na III edición do certame fotográfico “Enfocando Barreiros” que este ano levou por tema “O rural barreirense no obxectivo”, promovido polo Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros. Dende a organización do concurso destacan a alta participación no mesmo e a variedade das obras recibidas. Así mesmo, destacan tamén a alta participación de nenas e nenos na modalidade infantil cunha ampla selección de fotos que dan boa mostra da diversidade rural do concello barreirense.
O xurado do certame, ao igual que en edicións anteriores, está formado por profesionais da fotografía como son Pepa Losada, do xornal La Voz de Galicia; José María Álvez, de El Progreso; Xulio Villarino, que tén realizado numerosos viaxes fotográficos; José Reigosa, barreirense cunha longa traxectoria na realización de exposicións e documentais; e José María Pérez Rielo, médico exercente en Barreiros aficionado á fotografía e con varios premios e exposicións no seu haber. Os premios correspondentes ás obras gañadoras, 250€ para o primeiro premio da modalidade adulta e 150€ para o segundo, e unha cámara fotográfica para o modalidade infantil, serán entregados o día 11 de Outubro ás 21:00h. no centro social de Cabarcos, situado a carón da pista da festa desta parroquia. A elección do espazo para o acto de entrega de premios non é casual dado que o Colectivo Cultural Ollomao leva dende a súa fundación traballando pola posta en valor e recoñecemento do rural barreirense e por dar a coñecer a parte interior do concello.
Universidade Rural de Barreiros
Xunto co anterior está tamén relacionada a Universidade Rural de Barreiros, iniciativa do colectivo barreirense recentemente presentada que pretende recuperar o uso das escolas rurais coa impartición de cursos con contidos propios do ensino superior e/ou universitario, a cal está a ser un éxito nas redes sociais.
Curso de teatro infantil
Outra das actividades que Ollomao pon en marcha para este inverno é o curso de teatro infantil que vai comezar este sábado. Ata 14 nenas e nenos tomarán parte nesta actividade que xurdiu a iniciativa do colectivo barreirense como alternativa de ocio para os meses de verán e continúa durante o inverno cunha nova edición xurdida a petición das e dos propios participantes.





















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



