Lourenzá, 10 de outubro de 2013. O Concello de Lourenzá organiza tres charlas para desenvolver ao longo do presente mes de outubro, segundo daba a coñecer esta mañá a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.
Un dos actos informativos abordará o plan para a prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores. Será o vindeiro 23 de outubro ás 20:30 horas. A rexedora dixo que “aínda que esta destinada ás persoas maiores tamén se abordarán cuestións coma timos, roubos á saída dos bancos, malos tratos, etcétera. Mandos da Dirección General da Policía e da Garda Civil virán a Lourenzá para responder tamén ás dúbidas que os asistentes lles queiran formular. Será unha charla importante para todas as persoas, máxime cando se coñece que cada vez son máis os roubos e timos que se están a producir sobre todo no medio rural”.
Emma Álvarez tamén explicou que “este mes haberá outras dúas charlas mais, aínda que non é habitual, pero pareceunos importante que se deran posto que son temas que están de actualidade e os cidadáns teñen que ter que a información precisa. Un axente forestal impartirá unha conferencia o vindeiro martes, 15 de outubro, na que nos informará sobre dúas liñas de subvención que hai neste momento abertas para a primeira forestación de terras non agrícolas, que tamén inclúe unha liña para castaños de froito. E outra segunda orde de axudas que é exclusiva para o castaño”. A alcaldesa engadiu que “a orde de axudas para a plantación do castiñeiro foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 1 de outubro e a da primeira forestación de terras non agrícolas foi publicada no DOG do 17 de setembro. As plantacións para froitos subvencionadas poden facerse en terreos agrícolas, incluso de concentración parcelaria, sen solicitar o cambio de cultivo e seguen a ser compatibles coas axudas da PAC. Esta liña só está aberta para concellos de interior e parécenos moi interesante que un axente forestal do distrito de Viveiro se achegue ata aquí para que os nosos veciños sexan coñecedores destas dúas liñas de axuda”.
A alcaldesa de Lourenzá indicou que “unha terceira charla está enriba da mesa; é sumamente importante, tendo en conta que neste momento está en período de exposición pública a delimitación do Camiño Norte e dado que no noso concello unha das variantes se ve claramente modificada, pareceunos importante que responsables da Dirección Xeral de Patrimonio veñan a Lourenzá a explicarlles o novo trazado aos veciños e de paso nos conten que tipo de vantaxes ou prexuízos pode haber con esta nova afectación que pasaría pola parroquia Santo Tomé e toca unha parte da de San Adriano”.
Álvarez Chao considera que “é moi importante que esta charla se dea en Lourenzá, xa que hai uns días faciamos público que ata o 30 de setembro pasaron 3.000 peregrinos neste 2013 polo noso concello, e se se bifurca esta variante pode dar como consecuencia que estes peregrinos sexan unha fonte de ingreso non só para o núcleo de Lourenzá, senón tamén para unha parroquia. Non obstante iso haberá que velo e para iso contaremos nese acto, que se celebrará o día 21 ou o 22 deste mes, con Juan Naveira, subdirector xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia; con Marcos Rodríguez, do equipo redactor da proposta; e cos arquitectos do Concello. O obxectivo é que nos expliquen ao detalle o novo trazado con tempo suficiente para que si algún veciño quere presentar algunha alegación, a título individual ou colectivo, poida facelo antes do vindeiro 3 de novembro, que é cando remata o prazo”.
Para rematar a rexedora municipal subliñou que “os laurentinos teñen á súa disposición nas oficinas municipais os planos con ese trazado do Camiño Norte ao seu paso polo Concello e unha arquitecta atende aquelas consultas que lle queiran realizar os afectados”.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



