Ribadeo, 10 de outubro de 2013. Este venres ás 20:30 horas terá lugar a presentación dos vídeo currículos que elaboraron os alumnos e alumnas do proxecto Mira.Me, que organizaron as Concellarías de Mocidade e Desenvolvemento Local. Será no Cine Teatro. Ana Martínez anima a asistir a esta proxección.
A edil nacionalista dixo que “este venres ás oito e media da tarde presentaremos no Cine Teatro de Ribadeo os vídeo currículos realizados nos últimos meses polos alumnos e alumnas que acudiron a este proxecto pioneiro Mira.Me. Ante as dificultades que presenta na actualidade atopar emprego e tendo en conta que o xeito de chegar a un público concreto, poder dirixir a información a quen nos interesa que lle chegue, ven da man das novas tecnoloxías. É a aí onde está o valor desta presentación persoal e viva, de xeito que aquel conxunto de folios no que expoñiamos as nosas habilidades persoais xa é en moitas ocasións un recurso insuficiente para atopar traballo hoxe en día”.
Martínez explicou que “así desde o Concello de Ribadeo e de xeito pioneiro comezamos a traballar cun grupo de persoas, que tras demandar o servizo de orientación laboral, estiveron interesadas en participar neste proxecto. Chámase Mira.Me, que é a marca persoal máis o vídeo currículo, e contou con dúas fases complementarias que permitiron como punto final a creación destas pezas audiovisuais que teremos a ocasión de ver este venres no Cine Teatro”.
A concelleira de Desenvolvemento Local contou que “na primeira fase, que se desenvolveu durante o mes de xuño, os alumnos participantes aprenderon a descubrir valores e atributos que lles poden axudar a diferenciarse no competitivo mercado laboral, descubrir o mellor que deles mesmos poden dar. Unha vez definidos os trazos máis destacables da súa promoción profesional os alumnos iniciáronse na aprendizaxe da xestión da súa marca persoal na rede para buscar emprego e así optimizar a súa presenza nas redes sociais”.
Ana Martínez engadiu que “posteriormente mediante varias titorías individuais, deseñando un itinerario personalizaron desenvolveron un guión do que será a súa carta de presentación audiovisual, o seu vídeo currículo. Así nos últimos días, e co asesoramento e a incorporación á parte técnica de todo este proxecto de El Farero Colectivo Audiovisual, os participantes en Mira.Me estiveron metidos na gravación das súas pezas audiovisuais. Así xa todas estas pezas estarán tamén nun blog que levará o mesmo nome do programa, dentro do que é Ribadeo Emprende”.
Desde o Concello destácase “a boa acollida que tivo esta iniciativa e confiamos que sexa un primeiro paso ao que pouco a pouco se vaian incorporando máis alumnos e ampliando a outros sectores como poden ser emprendedores, comercios da vila, etc, todo o que poidamos ir xerando arredor desta nova comunicación a través das novas tecnoloxías”.
A concelleira anima á xente “a que se achegue mañá ao Cine Teatro a ver e disfrutar destes vídeo currículos”.























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



