Ribadeo, 11 de outubro de 2013. Unha vintena establecementos hostaleiros participarán esta fin de semana, sábado e domingo, na Festa da Ameixa. Os locais servirán racións elaboradas con este exquisito bivalvo a prezos populares.
Os bares, mesóns e restaurantes que se darán cita neste evento gastronómico son: O Cabazo, Parador de Turismo, La Balastrera, Oviedo Bar II (Rolle), O Bodegón, A Dorada do Cantábrico, La Solana, Pizzbur, O Forno, Queimada, O Lar de Manolo, Voar, O Tumbín, Marinero, San Miguel, El Rincón del Gordo, A Cofradía (en Rinlo), La Bugalla e La Botellería.
Desde a directiva de ACISA sinalan que “o que pretendemos é potenciar o marisco de noso mar, do Cantábrico, e tamén ofrecerlles a ribadenses e visitantes unha cita gastronómica na vindeira ponte do Pilar”. O presidente do colectivo, Roberto Rivas, anima “a todo o mundo a saír esta fin de semana a saborear as tapas que lles ofrecerán os locais hostaleiros de Ribadeo”.
Esta festa é a primeira dunha serie de tres que seguirán nas vindeiras fins de semana. A directiva de ACISA asegura que “temos que dinamizar a nosa hostalería e o noso comercio nos meses do outono e do inverno con diferentes propostas, xa que estamos diante dun período moi longo de tempo, estamos en temporada baixa e hai que darlle alternativas á xente para que salga da casa”.
A Festa da Ameixa está organizada por ACISA, a confraría de pescadores, o Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, a Xunta, o Fondo Europeo de Pesca e o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



