Burela, 11 de outubro de 2013. O pleno do Concello burelés ratificou na sesión celebrada este xoves a proposta do alcalde, José María González Barcia, de fraccionar o pago da contribución urbana para 2014. Deste xeito, os recibos domiciliados abonaranse ó cincuenta por cento o cinco de xuño e o cinco de outubro. O alcalde burelés afirmou que “Burela é o terceiro concello da provincia co tipo impositivo máis baixo, o 0’42%; por debaixo só quedarían O Incio e Xermade. Pero por riba están concellos coma Foz, co tipo situado no 0’66%; Viveiro, preto do 0’8%; ou Ribadeo no 0’85%”.
Ademais, os votos do PP foron suficientes para sacar adiante a concesión de subvencións para o presente exercicio 2013. Os populares afirman que a realidade é a que é, e que este ano non se poden conceder máis fondos para subvencións. Desde o equipo de goberno critican a postura dos socialistas,q ue se abstiveron: “demostraron un enorme cinismo reclamando a concesión de subvencións cando foron eles os que as retiraron xa en 2009”. Igualmente, desde as filas populares afirmaron que “Alfredo Llano politicamente é un irresponsable con elevadas doses de cinismo: critica que o Concello de Burela conceda subvencións nominativas, dentro do marco legal establecido polo propio Concello, cando a Deputación de Lugo concede subvencións nominativas a destro e sinistro sen ningún tipo de criterio e dando contías totalmente discrecionais. Llano debería de explicar por qué a Deputación concede subvencións a certas entidades para que estas contraten a persoal afín ó PSOE. Entendemos que a credibilidade de Llano é cero, dado que non se pode pedir que outros fagan o que un nin fai nin fixo. Intolerable”.
Tamén os votos do PP serviron para aprobar o marco orzamentario para os próximos tres anos. “A regra de gasto cúmprese neste ano en que estamos e cumprirase en 2015 e 2016. Teremos problemas en 2014, dado o control de gasto que fixemos en 2012”, afirmaron desde o equipo de goberno.
No tocante ás mocións, os populares aprobaron todas as mocións presentadas polo seu grupo: a referente ó incremento da cota de captura da pescada foi aprobada por unanimidade. O PP aprobou tamén cos seus votos a moción que rexeita a trama de asesores montada polo BNG na Deputación.
Sobre a moción popular solicitando á Deputación que cumpra cos seus compromisos legais en relación co servizo de axuda no fogar básico, a segunda tenente de alcalde Diana Durán manifestou que “a Xunta cumpre coas súas competencias en materia de axuda á dependencia, pero a Deputación incumpre as súas no que se refire á axuda no fogar básico, o que nos obriga a facer un esforzo engadido”. Durán engadiu que “o bipartito burelés, por falla de xestión, deixou de gastar 90.000 euros en axuda no fogar á dependencia, que tiveron repercusión directa neste ano e no anterior”. Ademais, indicou que “o Sr. Llano non pinta nada na Deputación, agás o papel de deputado-correo, para transmitir papeis e recadiños. Llano debería preocuparse máis por demandarlle á Deputación o mesmo que lle pide á Xunta en materia de servizos sociais, é dicir, fondos para cumprir coa Lei de Servizos Sociais que o bipartito da Xunta aprobou en 2008”.
Outra moción aprobada cos votos do PP, e coa abstención do PSOE, foi a relativa ó tratamento dos pacientes de oncoloxía no Hospital da Costa. O PP, a través de Diana Durán, afirmou que “quedan en entredito aqueles que afirmaban que se ía desmantelar o Hospital de Burela, e que se perderían servizos. A área de xestión integrada vai traer melloras para o Hospital: hospitalización a domicilio, tratamento de pacientes oncolóxicos con quimioterapia básica, e o plan director do centro sanitario, básico de cara á ampliación do Centro”.
Os populares pedíronlle ó PSOE que retirase unha enmenda ó respecto, xa que, segundo dixo Diana Durán, “a abstención socialista é un non ó servizo de oncoloxía básica no Hospital, un non que da as costas ós veciños e que só serve como arma política contra a Xunta de Galicia. Semella que o Sr. Llano pide coidados paliativos e hospitalización a domicilio; as súas fontes de información dentro do hospital non o deben informar ben, porque seguramente que non se fían moito del, porque coidados paliativos xa os hai, e a hospitalización a domicilio se está a poñer en marcha estes días. Aínda que xa nos ten acostumados a estas cousas, porque sendo alcalde anunciou con toda solemnidade, por dúas veces, investimentos de sete millóns de euros para ampliar o hospital por parte da Xunta bipartita, e nada de nada fixeron. Iso sí, cobra da Deputación para participar en todas as manifestacións contra a política sanitaria da Xunta, será porque, ademais de irlle no soldo, ten que pagar algún tipo de favor”.
Na quenda de rogos e preguntas, o alcalde burelés afirmou que “o réxime de visitas do Barco Museo ten mudado para facelas previa solicitude e en grupos, co ánimo de manter o barco aberto pero adaptado á realidade económica que temos”. Barcia tamén afirmou que “dubidar dos datos feitos públicos relativos á ocupación hostaleira do verán é dubidar da capacidade dos propios hostaleiros de captar clientela”.
























A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.



