Esta pasada fin de semana, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, organizou unha andaina pola Ruta da Auga de Guitiriz, na que participaron medio cento de sendeiristas. Os participantes percorreron 15 km ao son dos ríos Parga e Landroil en algo máis de tres horas aproximadamente. Tratouse dun paseo pola natureza, historia, literatura e etnografía do fermoso concello de Guitiriz. É un sendeiro sen desniveis e de dificultade baixa, polo que os participantes remataron a ruta sen problema ningún. Ao chegar ao municipio de Parga, os camiñantes puideron disfrutar da feira dominical de Parga, onde tamén aproveitaron para degustar o polbo e o churrasco nas casetas da feira. A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá non para, e xa está a organizar a próxima ruta, que terá lugar no vindeiro mes de novembro.





















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



