Sigue con éxito en Madrid a presentación do libro Las ventanas del mundo. Este xoves La LiVrería, acollerá un acto ás 19 horas ao que asistirán a humanista e presidenta da Fundación Herederos de la Mar, Marisol Moreda; o editor Ángel Jiménez e a autora María del Carmen Aranda. Decenas de personas asistiron o pasado mes de xuño na Fundación Progreso e Cultura da capital á posta de largo do libro. Na súa obra a autora observa un mundo con necesidades de cambios inmediatos e disecciona un presente sen ilusións fronte a un futuro sen opcións emerxendo como resultado novas civilizacións. A situación actual non é produto dun so factor senón da concorrencia de moitos elementos distorsionantes da economía española. A necesidade do cambio na mentalidade de políticos e cidadáns debe ser áxil e maleable para saír adiante. A vida pide cambios, aínda que non resulten cómodos, por ter ideas ou costumes adquiridas pois non é bo aferrarse so ao xa coñecido.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



