A relación Foz-Mondoñedo data de tempos moi afastados. Vellos papeis refiren que a primeira actividade mercantil dos focegos foi a venda de peixe fresco nos mercados da cidade, labor que se mantivo ata os nosos días. A cotiá presencia destas vendedoras fixo que chegasen a formar parte da xeografía humana da cidade e que alí acadaran popularidade. Por outra banda a relación foi recíproca pois Mondoñedo – con Valadouro e Lourenzá – foron as pioneiras do veraneo focego e xa o xornal “El Baluarte de Galicia”, da cidade do Masma, do 19//7/1892 (hai mais de 120 anos), decía: “Ha salido para Foz, con objeto de tomar baños, don Felipe Carrera, acompañado de su distinguida esposa doña Carmen Robles”. Don Xosé Trapero, xornalista e escritor que vivíu todo o século pasado, ata o ano 95, comentounos moitas veces o feito e relacionaba os nomes de familias que acudían polo verán a Foz dende primeiros do s.XX. Xa entón meu tío-avó Antonio de Botes establecera línea de viaxeiros entre os dous pobos, en flamante dilixencia tirada por cabalos, servizo que algúns días prolongaba ata Baamonde a onde levaba ós emigrantes para coller o tren á Coruña e alí embarcar rumbo a América para, tras navegar un mes, chegar a terras do Novo Mundo, das que algúns endexamais voltarían … En 1922 Botes mercou un Dion Bouton, coche francés do que era concesionario o mindoniense Xosé Barro, establecido en Chavín con importante industria. Motorizábase así o medio, non tardando en adquirir outra unidade idéntica que en ambos costados lucía o nome de El Focense. Ó pouco tempo, en desgraciada manobra, Antonio de Botes perdía a vida nunha rúa de Mondoñedo. O coche foi perante moitos anos o cordón umbilical entre ambos pobos. Cara a aquél ían as caixas das pescantiñas cheas de peixe que para a volta cargaban dos magníficos froitos da horta daquel val. Chegadas as San Lucas o coche- ateigado de viaxeiros ata a “baca”- redobraba os esforzos para carrexar tanta parroquia. En decembro de 1965 finou Xosé, o fillo do promotor. O coche seguíu acudindo á Cidade Episcopal levado polo seu fillo Antonio ata que, pasados algúns anos, os herdeiros venderon a empresa; rachaba así o cordón umbilical da tradicional relación focego-mindoniense. O coche de Botes endexamais voltou ás San Lucas.
Suso Fernández

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



