Un grupo de veciños e veciñas de Barreiros realizaron hai uns días unha ruta a pé á capela do Santo Estevo do Ermo. Foron camiñando desde a praza do Concello pola beira do ría Santo Estevo e aproveitaron “para contemplar unhas paisaxes frondosas e maravillosas, para logo asistir á misa e disfrutar da fermosa romería, onde compartiron xantar, contos e risas, coma todos os anos na honra de Santo Estevo do Ermo”, explicaron os asistentes.
