Remontada e vitoria contundente por 2-6 do Burela Pescados Rubén na complicada pista do Ribeira Navarra que vencía por 2-0 aos oito minutos de xogo. Tras un bo inicio dos bureleses, un minuto fatídico obrigou ao conxunto laranxa a remontar os goles de Palmas e Joselito. Tralo tempo morto solicitado por Juanlu, o Burela Pescados Rubén iniciou a remontada comandada por Iago Míguez, autor do 2-1. Os mariñáns comezaron a solventar con maior seguridade a presión local e a xerar ocasións aínda que Alex tamén tivo que aplicarse para evitar que o Ribeira aumentase a súa renda.
No sprint final do primeiro periodo, o mellor xogo dos galegos trasladouse ao marcador con goles de Hugo e Iago Míguez. Co 2-3 chegouse ao descanso e na continuación os navarros saíron a por todas pero o Burela soubo frear o seu embestida inicial e manexar os tempos do partido. Antoñito encargouse plasmar a superioridade burelesa marcando o 2-4, minuto 29, e pouco despois Pato, técnico navarro, apostou polo xogo de cinco que resultou infrutuoso e permitiu ao Burela Pescados Rubén finiquitar o choque cos goles de Isi e Matamoros que completaron o set triunfal en Tudela.
Ficha técnica
Ribera Navarra: Molina, Lolo, Rubí, Andresito, Charlie–cinco inicial- Palmas, Luisma, Roger, Alex Fuentes e Joselito.
Burela Pescados Rubén: Alex, Mimi, Hugo, Antoñito, Matamoros –cinco inicial- Iago Míguez, Isi, Christian, David e Juanma.
Goles: 1-0, m.7, Palmas; 2-0, m.8, Joselito; 2-1, m. 11, Iago Míguez; 2-2, m.19, Hugo, 2-3, m.20, Iago Míguez; 2-4, m.29, Antoñito; 2-5, m.38, Isi; 2-6, m.39, Matamoros.
Árbitros: Bernabéu Haro e Rabadán Sáinz. Amosaron cartón amarelo a Roger do Ribera Navarra e polo Burela Pescados Rubén a Christian e Antoñito. 800 espectadores.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
