Lugo, 4 de novembro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, anunciou a mañá deste luns na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da institución provincial, que a institución provincial acordou conceder un premio económico por valor de 24.000 euros ao Burela FSF pola consecución da Liga Estatal Feminina de Primeira División de Fútbol Sala 2012 – 2013 e da XIX edición da Copa de Fútbol Sala Feminino.
Neste sentido, Veiga precisou que “é a primeira vez que un equipo na provincia de Lugo gaña a liga na máxima categoría estatal, e iso desde logo que é un motivo de ledicia é de orgullo que, ademais, dá boa medida de como está o deporte lucense, no que a Deputación de Lugo sigue sendo un ano máis a institución provincial que máis cartos inviste por habitante e ano; só nos superan os cabildos insulares e as Deputacións Forais Vascas, ambas cun réxime tributario distinto”.
“Desde logo, – continuou o vicepresidente – todo o que está acontecendo en Lugo co deporte non é casualidade, posto que vemos como desde outras administracións non hai a mesma correspondencia con ese traballo que se fai co deporte desde a Deputación”
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo quere premiar a este equipo mariñán por esa xesta que conseguiu ao ser o primeiro en gañar para a provincia de Lugo unha liga a nivel estatal, e por outra banda, por tratarse dun equipo feminino. “Curiosamente, o primeiro club en gañar unha liga a nivel estatal non está formado por homes, senón por mulleres, algo que para nós é moi importante. Esta é a nosa aposta polo deporte en xeral, e polo deporte feminino en particular”, afirmou Veiga.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
