NOTA DE PRENSA
O voceiro de Pesca, José Manuel Balseiro, considera que urxe adaptar as titulacións e formación existente ante o notorio incremento da complexidade tecnolóxica da flota e a carencia de titulados que queiran enrolarse nos buques
O GRUPO POPULAR SOLICITA NO PARLAMENTO UNHA REFORMA DAS TITULACIÓNS NAÚTICO-PESQUEIRAS PARA ADECUALAS Á REALIDADE ACTUAL
* Os populares apostan por un marco legal común nas atribucións dos titulados náutico pesqueiros para todos os países de Europa e homologable dentro da Organización Marítima Internacional
* Demandan que se senten as bases para harmonizar as esixencias legais dos cadros mínimos de tripulación a nivel comunitario para que non exista competencia desleal da que saian prexudicados os barcos españois
Santiago, 12 de xuño de 2009.- O voceiro de Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, presentou na Cámara autonómica unha Proposición non de lei na que insta á Xunta a apoiar expresamente diante das institucións competentes as reivindicacións do sector pesqueiro no referido á reforma das titulacións náutico-pesqueiros coa finalidade de lograr unha maior adaptación á realidade presente. Deste xeito o Grupo Popular solicita que se proceda á revisión da normativa vixente sobre asignación de tripulacións mínimas, á que fai referencia a Orde Ministerial de 1964, de tal xeito que reflicta a actual situación tecnolóxica da flota e se adecúe co actual sistema de formación profesional dos tripulantes.
Esta petición se produce, segundo Balseiro, porque cada vez resulta máis difícil completar as tripulacións mínimas dos buques para que poidan saír a faenar, xa que o número de titulados náutico-pesqueiros que proceden das escolas e recalan no sector da pesca é claramente insuficiente para facer fronte ás crecentes necesidades do sector.
Ademais, o PPdeG reclama que se senten as bases para harmonizar as esixencias legais dos cadros mínimos de tripulación a nivel comunitario, de tal xeito que a diversidade na atribución de competencias entre os distintos postos do escalafón, nos diversos países membros da Unión Europea non constitúan unha competencia desleal da que saian prexudicados os barcos españois.
Segundo Balseiro estas reclamacións tratan de paliar a situación actual de falta de profesionais e adecuar a súa formación á realidade actual e coinciden coas feitas polas organizacións pesqueiras máis representativas de Galicia, empresarios e traballadores do mundo do mar.
Na iniciativa, o Grupo Popular pide tamén que se realice un estudo sobre a posibilidade de establecer un marco legal común nas atribucións dos titulados náutico pesqueiros para todos os países de Europa e, ao mesmo tempo, homologable dentro da Organización Marítima Internacional.






















A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



