A chamada “Lei Reguladora do Factor de Sostenibilidade e do Índice de Revalorización do Sistema de Pensións da Seguridade Social” modifica substancialmente o sistema actual de pensións a través de dous artigos que introducen, por unha banda o chamado factor de sostenibilidade, isto é condicionar a contía das pensións á esperanza de vida, e pola outra, un novo índice de revalorización, que supón eliminar o IPC como referencia para a súa actualización.
Para a CIG esta reforma provocará unha redución das pensións actuais e futuras e pretende abocar á poboación á subscrición masiva de plans de pensións privados para alimentar o negocio da banca e das aseguradoras. Trátase, pois, dunha reforma puramente ideolóxica e política, que aboca a unha perda de poder adquisitivo das pensións nos vindeiros 6 anos, que expertos cuantifican en 42 os anos necesarios para a recuperación do mesmo.
É por isto que veñen de iniciar unha campaña promovendo diferentes actos a través das asembleas de delegados e delegadas en todas as comarcas. Na Mariña será este xoves 14. A asemblea de delegado@s será a partir das 10.30 no local do sindicato en Viveiro e nela explicarase polo miúdo os alcances da reforma e os seus efectos negativos sobre as pensións. Posteriormente, ás 12.30 na delegación da Seguridade Social en Celeiro de Viveiro temos previsto concentrarnos para amosar o noso máis enérxico rechazo á medida.
A campaña terá continuidade con novas respostas de contestación social a unha reforma que non está xustificada porque nin no informe dos expertos -9 dos 12 vinculados á banca e ás compañías aseguradoras- se di que o sistema non sexa sostíbel.
E no marco desa campaña de loita sindical, tamén se promoverán actos informativos con diferentes sectores da sociedade, especialmente os máis afectados pola reforma, para tratar de sensibilizar á sociedade en xeral das especiais e tremendamente negativas repercusións que esta medida en particular, e esta neoliberal política de austericidio e recortes en xeral, van provocar en todas e todos nós e na nosa calidade de vida.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



