Espazo Ecosocialista apoia as mobilizacións que desde as diversas mareas de afectados polos recortes e polas centrais sindicais vanse celebrar este 23 de novembro.
Son dous anos de recortes sociais impulsados pola troica e levados adiante durante estes dous anos polo goberno do Partido Popular.
Diante diso e ante a contestación cidadá agora ameázanos cun recorte de liberdades sen precedentes co cal se pretende ao sufrimento sumarlle represión.
Espazo Ecosocialista, apoia as mobilizacións postas en marcha por todas as mareas e lamentamos a inactividade da Alianza Social Galega e facemos un chamamento as organizacións que a compoñen a que a reactiven urxentemente para que sexa, como foi, o espazo unitario de mobilizacións máis amplo que houbo en Galicia.
Fronte á dereita política, os oligopolios e a Troica, necesitamos unidade, temos propostas, Hai Alternativa!
Mobilizacións 23N:
– A Coruña 12:00 da Praza da Palloza ao Obelisco
– Ferrol 12:00 da Praza de España á Praza de Armas
– Santiago de Compostela12:00 da Alameda á Praza das Praterías
– Lugo 12:30 da Ronda da Muralla á praza de Armañá
– Burela 12:30 da Praza Mariña ao INEM
– Ourense 12:00 do Pavillón de Deporte “Os Remedios” á Subdelegación do Goberno
– Pontevedra 12:00 da Praza Ferrería a Subdelegación do Goberno
– Vilagarcía de Arousa 12:00 da Avenida da Mariña á Praza da Ravella
– Vigo 11:30 da Vía Norte (Cruce Urzaiz) a Montero Ríos (Xunta Galicia)


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



