BURELA .- A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Neves Cando, asegura que “é mentira que onte estivese ningún técnico da Xunta na nosa galescola para verificar o estado das instalacións. Ninguén apareceu onte por Burela para mirar a galescola. Ou o Sr.Balseiro minte ou o técnico equivocouse de galescola, porque onte en Burela non estivo”. A edil nacionalista asegura que o deputado popular “amosa unha profunda ignorancia neste tema e non está nada ben informado. As obras e o orzamento para o arranxo da cuberta da galescola estaban xa comprometidas polo anterior goberno da Xunta de Galicia, en concreto pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, como así consta na acta da comisión mixta de seguimento do convenio entre o Consorcio e o Concello de Burela que se celebrou aquí o 4 de febreiro deste ano. E por si o Sr.Balseiro non se enterou, alí pon claramente que as obras iniciaranse no verán para interromper o menos posible a actividade escolar, quedando pendente informar á dirección da galescola e ao Concello sobre a data de comezo da obra e tamén a súa duración”.
Asemblea dos pais
Neves Cando engade que “por iso en un acto de responsabilidade cara os nenos e nenas da escola e cara os seus pais a nais se informou convenientemente nesas datas a todas as familias das obras de reparación que se levarán adiante por parte do Concello e da necesidade urxente de realizar as obras de arranxo da cuberta do edificio principal. E as nais e os pais da galescola decidiron nunha asamblea comunicar ao Consorcio que era mellor deixar esas obras para o verán co fin de non trastornar a actividade normal da escola e das familias, en caso de facelas durante o curso. E tamén acordaron que como medida provisoria e para evitar novas goteiras se mantiveran as lonas na cuberta por precaución ata o arranxo definitivo”.
A responsable de Benestar Social e Igualdade insiste en que “as obras xa estaban previstas para o verán polos anteriores responsables do goberno galego. O que nos preocupaba estes días Sr.Balseiro e así o denunciamos é que a día de hoxe ninguén se puxo en contacto con nós para informarnos de cando e de cómo se farían esas obras, que indubidablemente se teñen que realizar no verán para non interrumpir a actividade normal da galescola. Ou quería vostede Sr.Balseiro que pecháramos a escola durante o curso para amañala e dicirlles ás familias que tiñan que buscarse a vida para coidar aos seus fillos”.
Deficiencias desde a construción
Neves Cando segue a explicar que “por parte do goberno municipal e dos anteriores responsables do Consorcio houbo a máxima responsabilidade á hora de amañar as goteiras que se produciron nas instalacións porque inmediatamente se selaron por parte dos técnicos municipais todas as deficiencias detectadas. Pero era tal o estado de deterioro que presentaba a cuberta que nos vimos obrigados a tapalas parcialmente para evitar novas goteiras. E preguntámonos ¿que fixo o PP de Burela durante os dez anos de goberno municipal para arranxar ese deterioro palpable na cuberta?… que xa desde o segundo ano da súa construción presentaba deficiencias, segundo consta en numerosas actas da escola”.
A concelleira nacionalista asegura que “as cousas, Sr.Balseiro, senón se coidan ben estráganse e os seus compañeiros de partido en Burela e no goberno galego non coidaron nada ben estas instalacións, porque chegou un momento en que fixeron augas por todas partes. Ese é o seu compromiso e a súa coherencia. E aí nós no goberno municipal actuamos con rapidez e con responsabilidade tapando os furados que vostedes deixaron e evitando que aparecesen máis”.
Cando subliña “para que todos os veciños e veciñas de Burela reflexionen sobre o compromiso e coherencia do que presume o Sr.Balseiro nesta cuestión, unha última nota… agradece o Sr.Balseiro a preocupación amosada pola secretaria xeral de Benestar, Susana López Abella, neste tema, pois dicirlles aos veciños e veciñas de Burela que a secretaria xeral de Benestar estivo hai uns días en Burela e para nada se preocupou por visitar as instalacións da galescola para demostrar ese compromiso e coherencia do que presume o Sr.Balseiro. Dime do que presumes e direiche do que careces”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



