CERVO .- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo unha xuntanza co director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Jose Boné Piná, na sede deste organismo en Santiago de Compostela, e asegura que “logrou o desbloqueo de varios proxectos de grande interese para os veciños de Cervo”
NOTA DE PRENSA
O novo director xeral do IGVS Jose Boné Piná comprometeuse a solucionar con carácter prioritario os impedimentos burocráticos herdados da lexislatura anterior que impiden aos 15 adxudicatarios dispoñer dos seus adosados
O ALCALDE DESBLOQUE A ENTREGA DAS VIVENDAS SOCIAIS DE RIOCOBO QUE TERÁ LUGAR ANTES DE QUE FINALICE O MES DE AGOSTO
• En materia de solo industrial a prioridade é cubrir a oferta de parcelas resultantes tras a ampliación do Polígono de Cuiña. En todo caso, non renuncian á recuperar o proxecto estratéxico do cinto industrial de Alcoa, paralizado incomprensiblemente pola anterior Xunta bipartita
• Alfonso Villares tamén arrincou o compromiso do director do IGVS de desenvolver unha serie de melloras nas vivendas de Vía Láctea.
Cervo, 18 de xuño de 2009.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza co novo director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Jose Boné Piná, na sede deste organismo en Santiago de Compostela. Ao termo da mesma o rexedor municipal explicou que logrou o desbloqueo de varios proxectos de grande interese para os veciños de Cervo.
VIVENDAS SOCIAIS
Así por exemplo Boné Piná comprometeuse a solucionar con carácter prioritario os impedimentos burocráticos que, herdados da lexislatura anterior impiden a entrega das 15 vivendas sociais adosadas de Rio Cobo aos seus lexítimos adxudicatarios. Estes poderán facer uso das mesmas antes de que remate o mes de agosto. Villares explicou que se trata dun proxecto iniciado polo Goberno de Manuel Fraga e que outro Goberno do Partido Popular terá que rematar, xa que o bipartito non foi quen de facelo nos últimos catro anos.
O primeiro edil de Cervo tamén logrou comprometer ao director xeral do IGVS para que acometa unha serie de melloras nos edificios sociais de Vía Láctea, como son colaborar na adaptación dos contadores de consumo de auga ás obrigas impostas pola lexislación vixente.
SOLO INDUSTRIAL
En materia de solo industrial Alcalde e director xeral do IGVS coincidiron en que, neste momento de crise e parón económico o prioritario e garantir que poida cubrirse a oferta dispoñible e as novas parcelas despois da ampliación do polígono empresarial de Cuiña, “conscientes de que constituiría un pulo á actividade económica”.
En todo caso non renuncian a recuperar un proxecto incomprensiblemente paralizado polo Executivo anterior, o cinto industrial no contorno de Alcoa, por ser ademais é a zona idónea de expansión industrial non só dos concellos de Cervo e Xove senón, polo seu carácter estratéxico da Mariña. Desafortudamente haberá que estudar a fórmula de rescatar este proxecto que paralizou e rexeitou a titular da anterior Consellería de Vivenda, a nacionalista Teresa Táboas.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



