O Burela Pescados Rubén consegue a clasificación para os cuartos de final da Copa do Rei tras derrotar ao Levante Dominicos por 2-4, invicto ata o momento en El Cabanyal. O próximo rival na competición será o Ríos Renovables.
A escuadra burelesa remontou o 1-0 conseguido por Jordi Lledó de penalti, minuto 5, resultado co que se chegou ao descanso debido á meritoria actuación de Toni, meta levantino. Na continuación, os mariñaos afinaron o a súa puntería e en apenas cinco minutos invertiron o marcador. Antoñito, en dúas ocasións, e Matamoros plasmaron no marcador (1-3) o dominio visitante. Os de Juanlu manexaron con temple o encontro pero un dobrepenalti (2-3) transformado por Jordi Lledó puxo a emoción no tramo final. Con xogo de cinco os locais buscaron o empate pero foi o Burela por mediación de Burrito quen certificou o 2-4 definitivo nos instantes finais.
Cuartos de final
E. Burela Pescados Rubén vs Ríos Renovables Data: 18 o 19 de febreiro 2014
F. Azkar Lugo vs ElPozo Murcia
G. Umacón Zaragoza – Montesino Jumilla
H. FC Barcelona Alusport – H. Llevant Manacor
Semifinais
3- Ganador A – Ganador B
4- Ganador C – Ganador D
Ficha técnica
Levante Dominicos: Toni, Pedro, Alex, Márquez, Kiko-cinco inicial- Jordi Lledó, Ximo, Sena, Revert, Edu.
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, Hugo, Antoñito, Matamoros -cinco inicial- Iago Míguez, Mimi, Juanma, Burrito, Christian.
Goles: 1-0, m.5, Jordi Lledó (pen.); 1-1, m.22, Antoñito; 1-2, m.24, Matamoros; 1-3, m.24, Matamoros; 2-3, m.38, Jordi Lledó (dp); 2-4, m.40, Burrito.
Árbitros: Fortes e Prado Martínez. Murcia
Incidencias: Partido correspondente aos octavos de final da Copa do Rei disputado no pavillón El Cabanyal de Valencia.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
