Cervo, 21 de decembro de 2013- O Concello de Cervo vén de resolver a convocatoria das axudas ao transporte escolar para o curso 2012-2013. Despois de avaliar a documentación presentada, o departamento de Educación anuncia que concederá a subvención a 26 beneficiarios, é dicir, a todos os solicitantes que cumpren os requisitos da convocatoria, aos que se fará un pagamento único de 200 euros a cada un cos que sufragar parte dos gastos de desprazamento dos estudantes. A entrega dos cheques realizarase nos próximos días.
Deste xeito, o Concello repartirá este ano un total de 5.200 euros nas axudas ao transporte escolar, ás que poden optar dende hai anos aqueles alumnos que cursen os seus estudos fóra de Cervo sempre que as súas titulacións non se impartan en centros do municipio.
Nesta ocasión o departamento de Educación decidira incrementar a contía que podía recibir cada alumno, pasando dos 150 da convocatoria pasada aos 200 euros da actual. Por ese mesmo motivo, e visto o número de solicitudes, o Concello tamén optou por duplicar a partida destinada a estas axudas, chegando aos 6.000 euros fronte aos 3.000 previstos inicialmente, financiados con fondos propios do Concello.
Desta forma, aténdese a todas as demandas, outorgando a axuda ao conxunto total das solicitantes que cumprían as esixencias da convocatoria. Porque este é precisamente o obxectivo do Concello, “que esta subvención chegue a todas as persoas que a precisen, xa que supón un apoio ás familias e á formación dos nosos mozos e mozas” explica a edil de Educación, Pilar Armada.
Este incremento, tanto da contía de cada beneficiario como da partida global responden a “un esforzo do Concello de Cervo por destinar os máximos recursos posibles a dar máis facilidades aos estudantes e ás súas familias”.
Tamén hai que destacar que este ano incrementouse o número de beneficiarios desta axuda, que na convocatoria anterior foi outorgada a 15 persoas, ascendendo ata os 26 deste ano.






















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



