Lugo, 3 de xaneiro de 2013.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, quixo salientar este venres que, por primeira vez desde 2007, Lugo remata o ano con menos parados dos que iniciou o exercicio 2013.
En xaneiro na nosa provincia contabilizábanse 29.295 persoas sen emprego, fronte ás 27.615 desempregados rexistrados en decembro deste mesmo ano, isto é, unha redución do 5.73%.
O deputado popular cualifica positivamente este cambio na tendencia que se viña rexistrando ata o de agora e indican que, pese a crise, as 1.680 persoas que durante o 2013 abandonaron as listas do paro, demostran que algo está empezando a cambiar a mellor no mercado laboral.
SEN TRIUNFALIMOS SI HAI RAZÓNS PARA A ESPERANZA
Balseiro insiste en que o número de parados segue a ser elevado “e polo tanto non se pode falar de triunfalismo”, e lembra neste sentido o leve repunte do paro no último mes (do 0,64%), aínda que sinala que as tendencias a nivel interanual ofrecen unha imaxe moito máis positiva, xa que a provincia de Lugo pecha o 2013 cun 1,16% menos de desempregados con respecto a decembro do ano 2012, é dicir, o paro diminúe en 324 persoas.
Jose Manuel Balseiro dixo que os populares lucenses seguirán traballando, con máis forza, se cabe para que as listas do paro continúen baixando e sinala que ser capaces de pechar o ano 2013 con menos paro do que había cando comezou é unha razón para crer nun futuro mellor.
LAMENTA A ACTITUDE DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Con todo o deputado popular, Jose Manuel Balseiro, lamentou a nula colaboración da Deputación de Lugo na loita contra o desemprego xa que desde esta institución se están a promover plans discriminatorios e electoralistas que, por exemplo, non chegan a todos os concellos da provincia ou, a diferenza do que fan o resto dos entes provinciais, desde a institución que preside Jose Ramón Gómez Besteiro, non se asinan convenios coa Xunta para poñer en marcha programas de contratación de desempregados.
Balseiro puxo como exemplo que mentres a Deputación de Lugo destina dous millóns de euros para realizar 80 contratacións en só en 11 concellos dos 67 que ten a nosa provincia, en Pontevedra, a Deputación promove 2.500 contratacións (12 por concello), investindo máis de 20 millóns de euros, e chegando a todos os concellos sen excepción, con independencia do partido que goberne as alcaldías. Ou, no caso de A Coruña, a Deputación nesa provincia puxo en marcha un plan para promover 189 contratacións en todos os seus concellos de menos 20.000 habitantes.

















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



