Un fallo no sistema informático que se utiliza para xestionar a carga e descarga de mercancías para os distintos departamentos de ALCOA en San Cibrao está a provocar unha acumulación de camións no Control de entrada de vehículos á factoría.
Dende o CSI-F, José Manuel Piñar, critica que “este suceso leva varios días retrasando todo o proceso porque se ten que facer manualmente. Hoxe superan os 30 vehículos, dando lugar a que cada vez os conductores están máis alterados porque ven como perden as horas esperando a que se lles atenda”.
Ademais, Piñar explica que “este colectivo está descargando o seu malestar inxustamente sobre os traballadores da empresa de seguridade PROSEGUR, que son os que xestionan ese proceso”. Polo tanto, “dende o CSI-F pedimos aos transportistas que comprendan a situación do persoal que os atende e que fan todo o posible por acortar a espera, pero que é un tema de ALCOA, e que antes de desprazarse a esta fábrica, chamen ao teléfono 982 55 55 00 da empresa para coñecer cantas horas teñen de espera e así poder programar o seu traballo”.
Casualmente, o departamento de informática nos últimos anos “disminuíu a súa plantilla ata quedar en algo meramente testemuñal”. “Nunca antes se producira un problema desta envergadura”, recordan dende o sindicato.