BARREIROS (FNC) .- Todo está listo para a inauguración do Eido Dourado do pintor e artista barreirense Celso Dourado o vindeiro sábado en A Pasada (Barreiros). Os actos arrincan ás 20:00 horas nun dos xardíns deste espazo que tamén é lugar de residencia do seu autor. A actriz e xornalista Comba Campoy será a encargada de conducir a primeira parte do evento, no que intervirán o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente; o delegado de Cultura da Deputación de Lugo e a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro.
Haberá tempo tamén para as actuacións musicais de Vadim Yukhnevich que interpretará “Cantigas do maio”, do Zeca Afonso, e poderase escoitar tamén a Tino Baz, Miro Casabella, Manolo Panforreteiro (gaita), Xurxo Varela (viola da gamba) e Oleksander Savchuk (viola). Haberá tamén unha intervención poética de Xabier Cordal, e do escultor Juan Puchades.
Xa pola noite, preto das 22:00 horas, na galería de arte Paulina Ceremuzynska interpretará cantigas medievais, unha actuación que precederá á apertura oficial a cargo de Celso Dourado. Unha hora máis tarde, a partires das 23:00 horas dará comenzo a festa-concerto que contará con Xurxo Souto como mestre de ceremonias. Nesta parte do acto de inauguración do Eido Dourado tocarán Miro Casabella e Tino Baz, mentres que o artista circense Andrés Pámpano realizará as súas intervencións entre o público. Tamén cantará Jara Ortiz, de Lúa da Fouce, e de novo a Vadim Yukhnevich, co acordeón, acompañando a Harry á gaita búlgara. A danza do ventre de Mónica, acompañada pola percusión de Antonio, o canto de Maureen e Petra, o grupo Kibitka ou Café Cachaza serán outras das actuacións da noite que culminará cunha queimada.
Apertura ao público o 1 de xullo
Eido Dourado poderáse visitar a partires do 1 de xullo de 11:30 a 14:00 horas polas mañás e de 18:00 a 22:00 horas polas tardes, agás os luns que permanecerá pechado. Nesta exposición permanente, que abrirá en períodos vacacionais ou previa cita telefónica no 982 12 44 51, pódese ver unha colección importante de distintas épocas e de distintas obras e técnicas de Celso Dourado. Este espazo foi deseñado e autoconstruido polo propio pintor con materiais reciclados na súa maior parte, empregáronse vellas vigas, antigos postes do tendido eléctrico e travesas do ferrocarril.
Discursos, poesía e unha festa concerto para inaugurar “Eido dourado”
Discursos, poesía e unha festa concerto para inaugurar “Eido dourado”
Relacionado
-
“Xove, sen pediatra e sen unha solución á vista”: o PSdeG alerta de que a saúde da infancia non pode esperar
-
Aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal de Ribadeo
-
A sexta Feira do Cabalo de Lourenzá ofrecerá este domingo unha programación completa para público de todas as idades


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



