Lugo, 31 de xaneiro de 2014. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, na rolda de prensa tras a Xunta de Goberno da institución, anunciou o apoio do BNG e da Área de Cultura, Turismo, Patrimonio e Ensino da Deputación de Lugo á folga estudantil convocada para o 20 de febreiro, á que se uniu o conxunto do equipo da Xunta de Goberno. Esta folga para todos os niveis de ensino (de 3º da ESO para arriba), será a primeira de 2014 contra a nova lei de educación e ademais levaranse a cabo de xeito simultáneo 20 manifestacións nas principais 7 cidades galegas e noutras restantes 13 vilas de toda a nosa xeografía baixo o lema “En pé por un ensino público galego”.
Mario Outeiro afirmou que “somos conscientes de que a mocidade estudantil galega quere rexeitar desta maneira os innumerábeis os recortes e reformas impostas á educación pública (recorte e supresión de bolsas, suba das taxas universitarias, redución nos comedores públicos, minimización do limite de prazas, etc.) sobre o pretexto dunha crise económica, en que, de xeito paradoxal, aumentan as ganancias das grandes elites económicas e invístese diñeiro público en rescatar bancos ou manter iniciativas privadas ao tempo que se nos di que temos que “apertar o cinto” e aceptar os recortes”.
“Como exemplo disto serían a recente eliminación das bolsas Erasmus a quen é receptor das MEC; estas últimas foron unha desagradábel sorpresa para as universitarias e universitarios, xa que moita xente viu negadas as súas solicitudes ou concedidas nunha medida moito inferior á que deberían” – sinalou Outeiro.
Lei Wert
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación afondou en que “a famosa lei de Wert ou lei LOMCE pretende profundar e impor pola vía da legalidade este desmantelamento programado da educación pública ao tempo que implementa unha campaña españolizadora e uniformizadora que perpetúe esa cárcere de pobos que é España. Así, vemos como na contrarreforma educativa, a nosa lingua é relegada a un plano moi secundario e a nosa realidade nacional fica fóra de todo o programa educativo, centralizando os temarios a nivel estatal anulando as xa de por si pequenas competencias en materia educativa da Xunta de Galiza”.
“Mais a LOMCE non só impide o aceso a unha educación de calidade para todas e todos, nin só anula os xa exiguos dereitos culturais e lingüísticos da Galiza, tamén reforza un programa ideolóxico sustentado na submisión da muller ao home ao dar maior importancia á relixión católica na educación e ao aumentar o número de profesoras nesta cadeira; e promove as asimetrías entre os xéneros ao financiar con diñeiro público os centros que segregan por sexo. Ademais de relixión, xa están deseñados os bosquexos do conxunto de cadeiras que van compor o ensino nos próximos anos, todas elas de marcado carácter retrógrada e promotor do capitalismo extremo e da mercantilización das mozas e mozos, como é o exemplo de “Iniciativas Emprendedoras” – engadiu Outeiro.
Para concluír, Outeiro afirmou que “desde o BNG e tamén desde a Área de Ensino desta Deputación de Lugo reafirmamos o noso apoio a estas reivindicacións e manifestamos a nosa postura frontalmente contraria á nova lei de educación que pretende impoñer un goberno do PP cada vez máis escorado, sen titubeos, á estrema dereita. A resposta na rúa, como se demostrou nos últimos días diante dos casos de Burgos ou da Comunidade Madrileña, pode botar atrás as decisións políticas que van contra o pobo e, por primeira vez en tempo, o PP é consciente de que unha maioría nas urnas non é un cheque en branco para gobernar ao seu antollo”.
























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



