Foz, 6 de febreiro de 2014.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou este xoves o IES de Foz para coñecer de primeira man o alcance dos danos causados no centro polo temporal e os traballos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a levar a cabo para reparalos á maior brevidade posible.
Arias explicou que a Consellería está a retirar elementos da cuberta que corren perigo de desprendemento, a través dunha empresa contratada para tal fin, dentro das medidas de seguridade adoptadas para evitar riscos á comunidade escolar.
Ao mesmo tempo, informou de que os danos da cuberta foron valorados en 15.000 euros e o orzamento de reparación da fachada e arranxo dos demais danos do edificio alcanzará os 25.000 euros aproximadamente. As obras de reposición da cuberta comezarán tan pronto chegue o material necesario, que xa está encargado. A delegada confía en que poidan iniciarse a vindeira semana.
Ata o momento, os técnicos da Consellería, xunto co persoal da empresa encargada, acometeron labores de retirada e limpeza de escombro, á vez que aseguraron elementos perigosos, como as fiestras rotas pola caída das placas do teito. Igualmente, traballaron no pavillón para que evacúe toda a auga acumulada.
Cómpre lembrar que a cuberta do pavillón caeu sobre as zonas comúns e a fachada do centro o pasado martes, día 4, a causa do forte vento. Dende o primeiro momento desprazáronse ao instituto técnicos da Consellería de Educación para valorar os danos e indicar as primeiras medidas para evitar males maiores. Entre outras decisións, suspendéronse as clases onte para realizar as tarefas precisas que garantiran a seguridade dos alumnos e do persoal.
Hoxe retomouse a actividade lectiva con normalidade pese a que persisten algunhas incidencias. Nesta primeira xornada, o instituto convocou un acto de lembranza para un dos seus alumnos, que segue desaparecido despois de ser arrastrado por una onda o pasado domingo pola tarde, tamén a causa do temporal.
A delegada territorial sumouse a este sentido acto co que a comunidade educativa quixo manifestar a súa solidariedade coa familia do menor desaparecido e arroupar ao outro neno, que xa se incorporou ás clases.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



