O vindeiro mércores 12 de febreiro remata o prazo para apuntarse á viaxe que a Peña Barcelonista San Miguel organiza a San Sebastián, para asistir ó partido de Liga entre a Real Sociedad e o FC Barcelona. A saída está prevista para o sábado 22 ás 06.00 horas, coa intención de estar en Donosti a mediodía. Ás 20.00 horas do sábado, os peñistas asistirán ó partido para animar ó seu equipo. Despois de pernoctar na cidade vasca, a volta será o domingo 23 ás 11.00 horas. Farase unha parada a metade de camiño para comer e a chegada está prevista para as 21.00 horas. O prezo para socios é de 150 euros e de 180, para non socios; xa que se poden desprazar tamén afeccionados en xeral. Os interesados en apuntarse, deberano facer antes do mércores no teléfono 625 82 10 44.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



