Ribadeo, 10 de febreiro de 2014. O Concello acaba de recibir a autorización administrativa da Xunta que o faculta para licitar as obras de construción da residencia de maiores, segundo daba a coñecer este mediodía o alcalde, Fernando Suárez. O rexedor agarda que o goberno galego tamén asine o compromiso adquirido de aportar 500.000 euros para a esta infraestrutura, tal e como xa fixo no seu día a Deputación de Lugo que destina a esa instalación 1.828.000 euros.
Suárez Barcia recoñecía que “para que Ribadeo poida contar finalmente cunha residencia de maiores moitas veces se torna máis complexo que facer os 100 metros obstáculo nunhas olimpíadas e digo isto porque afortunadamente hoxe pola mañá nos acaba de chegar a autorización autonómica, desde o punto de vista administrativo, que nos faculta para que poidamos iniciar a licitación das obras de construción dunha residencia de 44 prazas máis dúas de enfermería no noso concello”.
O alcalde subliñou que “isto ven dado, e volvo poñelo enriba da mesa, pola unidade sen fisuras que desde a Corporación Municipal de Ribadeo e desde o movemento asociativo veciñal estivemos dando e foi un exemplo durante todo este tempo e seguirao a ser, non me cabe dúbida, no futuro. Toca agora con esta luz verde da Xunta, e seguramente haberá máis pedras no camiño, iniciar cos técnicos do Concello e cos corporativos os trámites, en poucos días, para levar a pleno a licitación desta obra que está cifrada en practicamente 2.500.000 euros”. Fernando Suárez lembrou que “a Deputación Provincial de Lugo nos deu 1.828.000 euros, dos que neste 2014 temos que ter executados e xustificados nada máis e nada menos que 1.028.000 euros. Agardo que a Xunta cumpra tamén coa súa palabra, aínda que se vaia demorando, de asinar os 500.000 euros comprometidos. É unha cantidade non demasiado importante, pero que achegándoa a esta cifra da Deputación farán posible a residencia de Ribadeo”.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



