A MARIÑA .- O Observatorio da Mariña pola Igualdade valora de xeito “moi positivo a campaña “Dálle a volta”, que desde principios do curso escolar chegou a todos os institutos da comarca co obxectivo de promover a reflexión e crítica das actitudes sexistas entre a mocidade”.
Nota de Prensa
O Observatorio da Mariña pola Igualdade está a traballar cos centros de secundaria da mariña na continuación e consolidación da campaña “Dálle a volta”, logo do éxito deste curso
Como parte das actividades, en outubro presentará un informe sobre as actitudes de xénero en secundaria na Mariña
O Observatorio da Mariña pola Igualdade fai un balance moi positivo da campaña “Dálle a volta”, que desde principios do curso escolar chegou a todos os institutos da comarca co obxectivo de promover a reflexión e crítica das actitudes sexistas entre a mocidade. Tanto o profesorado coma o alumnado amosáronse moi interesados e participativos na campaña, cualificando esta iniciativa como “rompedora, anovadora e necesaria” para a etapa da adolescencia, a máis vulnerable de todas. A responsable da iniciativa, Carolina García, dixo estar satisfeita polo traballo realizado porque conseguiu esperta-lo espírito crítico dos mozos e mozas acerca das imposicións sexistas que impiden que na sociedade de hoxe homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades.
O material empregado durante a campaña consistíu en dípticos e adhesivos que a asociación elaborou para a ocasión e nos que destacaba o lema “Eu tamén son feminista”. Conseguiuse esgota-los 1.000 exemplares de adhesivos e 2.000 folletos durante as charlas e obradoiros que se impartían nos centros durante os recreos.
Novas propostas e enquisa sobre as actitudes de xénero.
O éxito e a repercusión de “Dálle a volta” ábrelle as portas ó Observatorio da Mariña pola Igualdade para seguir traballando na elaboración de novas propostas ós centros pensando xa no vindeiro curso escolar. Na actualidade estase a traballar no establecemento de liñas de colaboración para a realización de obradoiros de coeducación, de violencia machista, e de calquera outra temática que contribúa ó entendemento da realidade dende unha perspectiva de xénero.
Tamén na actualidade o Observatorio está a realizar un estudo de investigación en base aos datos achegados e recollidos nunhas enquisas realizadas polo profesorado dos centros como parte do programa “Dálle a volta”, co obxectivo de medir unha serie de variables relacionadas co sexismo nas aulas. Con eses datos elaborarase unha publicación con gráficos sobre “Actitudes de xénero en Secundaria na Mariña”, que previsiblemente se dará a coñecer no mes de outubro. Deste xeito, desde o Observatorio preténdese suplir a carencia que existe na nosa comarca sobre estudos deste tipo centrados no enfoque de xénero na realidade específica da Mariña.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



