BURELA (FNC) .- As Delegacións de Benestar Social e Traballo poñen en marcha este verán en colaboración coa Cruz Vermella unha ocioteca. Trátase, segundo Neves Cando, “dun programa de respiro familiar para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, facendo do xogo a ferramenta fundamental para acadar os obxectivos que dito desenvolvemento require”.
O programa está destinado aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos con pais e nais que traballan. A edil nacionalista explica que os obxectivos pasan por “promover dun xeito saudable o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo e social das nenas e dos nenos. Axudalos a desenvolver a súa imaxinación e creatividade mediante o xogo e facer deste xogo non só un elemento lúdico senón que tamén axude á comunicación, ao traballo en equipo e ao respecto mutuo desenvolvendo en todo momento a capacidade de diversión”.
Na ocioteca traballaranse áreas como o xogo, o xogo libre ou de regras, o xogo cooperativo, a paz como valor e traballando na resolución positiva de conflitos, a coeducación fomentando a utilización non sexista dos xoguetes e dos espazos, o respecto polo medio ambiente, a saúde, a animación á lectura, expresión plástica e creativa, expresión musical e dramática ademais de psicomotricidade. Neves Cando engade que “se empregará unha metodoloxía activa e participativa en todo momento”.
A ocioteca terá por escenario a Casa da Xuventude desde o 15 de xullo ata o 11 de setembro en horario de 9 da mañá a 2 da tarde en dous grupos, un no que estarán os nenos de 3 a 6 anos e outro no que estarán os de 6 a 8. Todas as familias que traballen durante o verán e que queiran que os seus nenos e nenas disfruten deste programa de actividades deberán inscribirse desde hoxe e ata o vindeiro 10 de xullo na Cruza Vermella de Burela “acreditando alí a situación laboral dos pais, porque o que pretendemos é conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais que traballan no verán e que poden optar por estas actividades para que os seus fillos poidan gozar e participar nestas actividades que organizamos facendo do xogo un elemento lúdico e didáctico”, seguiu a relatar a concelleira de Benestar Social.
A edil de Traballo de Burela, Sonia Fraga, asegura que este programa de respiro familiar ten como finalidade “establecer desde o Concello un servizo de atención e apoio aos pais e nais traballadores de Burela. Os nenos estarán atendidos de luns a venres no horario laboral entre as 9 da mañá e as dúas da tarde”. A concelleira socialista sinala que “será unha medida de apoio aos pais que están en activo neste momento e tamén pensando de maneira que os nenos poidan establecer un vínculo socializador e de adquisición de habilidades tanto educativas como lúdicas e sociais. Será un programa extenso cunha parte na que os nenos terán reforzo educativo e incluso poderanse divertir tanto dentro da Casa Xuventude como fora”.
Sonia Fraga di que “as actividades serán impartidas por profesionais de Cruz Vermella que son especialistas en atención ós pequenos. Queremos facer un pouco máis liviana a situación dos traballadores en activo para que poidan axudarse destas medidas e poder manter os seus postos de traballo”.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



