Os días 15 e 16 de marzo celebrarase en Mondoñedo a concentración mototurística Ruta N-634 que este ano chega á súa vixésimo quinta edición.
O primeiro encontro tivo lugar no ano 1998 e non se organizou nos anos 2004 e 2005. Na actualidade é a concentración decana de Galicia, a máis antiga de todas cantas se convocan na actualidade. Coñécese como “A invernal de Galicia” por celebrarse nesta estación do ano e caracterízase, ao igual que outras citas moteiras como Pingüinos ou Motauros, pola dureza no tocante ás condicións meteorolóxicas. En edicións anteriores teñen participado motoristas de diversos puntos da Península, o máis lonxano chegou desde Murcia e incluso houbo participantes de Portugal e Francia.
O programa deste ano está cargado de actividades entre as que destaca a exhibición acrobática de Emilio Zamora, piloto de Ducati Stunt Team ou o cocerto de Mckuin, unha banda ferrolá que versiona temas do mítico grupo Queen. Tamén é de destacar a exhibición de trial que terá lugar na praza da Catedral o sábado entre as catro e as sete da tarde e que correrá a cargo do Motoclube Enduro de Mondoñedo.
Outra das novidades desta edición da Ruta N-634 é a emisión en directo por internet vía streaming das actividades que se desenvolverán os días 15 e 16 de marzo. A través da páxina web do motoclube (www.motomondonedo.com) poderanse seguir en directo e deste todo o mundo (con acceso a internet) os actos que se celebrarán na praza do Concello, praza da Catedral e avenida de Bos Aires, incluso durante o desfile de antorchas, que terá lugar na noite do sábado, unha das motos participantes levará unha cámara que estará emitindo señal de video en directo. A dirección deste montaxe corre a cargo do mindoniense Fran Bouso e conta coa colaboración e apoio técnico da empresa de eventos Eventec e da de desenvolvemento tecnolóxico Iproxecta.
O motoclube Ruta N-634, que preside Germán Bouso, agarda superar a cifra de trescentos inscritos e a participación de máis de mil motos, cifras que xa se teñen acadado en edicións anteriores.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



